Unións Agrarias - UPA

O sindicato dos gandeiros e dos agricultores

Resultado da búsqueda

UUAA aplaude a decisión de Medio Ambiente de pagar un seguro para indemnizar ós agricultores polo ataque da fauna salvaxe
Publicado con fecha 30 de septiembre de 2005

O conselleiro aceptou a idea do sindicato de incrementar as indemnizacións existentes

As empresas pretenden expropiar os terreos para implantar parques eólicos sen negociación previa cos propietarios
Publicado con fecha 26 de septiembre de 2005

O sindicato recibiu queixas de varios veciños de Ourol afectados por este proceso UUAA informou esta mañá ó Conselleiro de Industria da situación e solicitou a posta en marcha dunha mesa de negociación para marcar un prezo xusto polas fincas afectadas

UUAA convocará á mobilización en Galicia se as administracións non arbitran medidas para paliar a suba do gasóleo agrícola
Publicado con fecha 24 de septiembre de 2005

A organización plantexará solucións nun encontro a celebrar o venres coa ministra A Xunta é un dos poucos gobernos autonómicos que aínda non abonou a axuda de 0,06 €/litro do plan que puxo en marcha o MAPA ante o incremento producido durante o 2004

Unións Agrarias informou ó MAPA dunha serie de erros e problemas acaecidos polo reparto do plan de restruturación
Publicado con fecha 22 de septiembre de 2005

Boa disposición da representante ministerial a estudiar as reivindicacións do sindicato O secretario comarcal, Román Santalla, mantivo o martes un encontro coa nova Directora General de Ganadería en Madrid a quen lle notificou os casos concretos

UUAA denuncia diante do MAPA que algunhas industrias están incumprindo o acordo para aprazar o pago da supertaxa
Publicado con fecha 20 de septiembre de 2005

Recomenda ós gandeiros afectados que denuncien o caso diante das administracións

UUAA pediralle a Medio Rural a convocatoria da mesa da pataca nun encontro a celebrar o mércores na delegación de Ourense
Publicado con fecha 19 de septiembre de 2005

Os obxectivos son acadar prezos xustos e estables, evitar a entrada de produto de fóra e ligar as subvencións ós intermediarios á sinatura de contratos homologados

UUAA valora insuficientes as condicións dos créditos para compra de cota que acordou Medio Rural con bancos e caixas
Publicado con fecha 15 de septiembre de 2005

Calquera solución que supoña o pago de intereses ós gandeiros é insatisfactorio A organización seguirá insistindo diante da Xunta para que financie estas operacións e para ampliar a oferta ós viticultores, en plena vendima, e ó resto de profesionais agrarios

150 viticultores de Rías Baixas aínda non teñen garantizada a recollida da uva cando vai comezar a vendima
Publicado con fecha 14 de septiembre de 2005

O próximo día 27, haberá outro encontro para analizar as solucións que se apliquen Na comisión de seguimento que tivo lugar esta mañá, UUAA solicitou a Medio Rural e ó Consello Regulador unha saída para estes profesionais e advertiu de que hai máis casos

UUAA pide a Medio Rural medidas para que os gandeiros financien a compra de cota do plan de restruturación do MAPA
Publicado con fecha 14 de septiembre de 2005

As posibles actuacións beneficiarían a case 600 profesionais de Chantada e Lemos O sector produtor leiteiro galego ten pendente o pago de cerca de 100 millóns de euros, 40 millóns nos próximos dez días de forma improrrogable pola adquisición de cota

UUAA consegue a creación dunha comisión de seguimento da vendima formada por administración, viticultores e industrias
Publicado con fecha 13 de septiembre de 2005

O sindicato pediu a Medio Rural financiamento para que os viticultores cobren en tempo O organismo velará porque se cumpran os acordos verbais acadados onte en Ourense sobre prezos (entre 1,10 e 1,25 € o quilo de uva autóctona) e para garantizar a recollida

UUAA pide a Medio Rural medidas para que os viticultores cobren en tempo e os gandeiros financien a compra de cota
Publicado con fecha 10 de septiembre de 2005

As actuacións beneficiarían a 25.000 profesionais que afrontan un mes complicado O sector produtor leiteiro galego ten pendente o pago de cerca de 100 millóns de euros, 40 millóns nos próximos dez días de forma improrrogable pola adquisición de cota

UUAA pide a Medio Rural que convoque de urxencia a comisión de seguimento ante a ameaza dalgunhas adegas de non coller a uva
Publicado con fecha 09 de septiembre de 2005

O sindicato trasladou a situación en Rías Baixas ó resto de organizacións agrarias que coinciden na necesidade de abordar o problema para atallar estas prácticas

UUAA acepta a solución do MAPA de aprazar o pago da supertaxa e de crear unha comisión para estudiar caso a caso
Publicado con fecha 08 de septiembre de 2005

Inicialmente a proposta ministerial responde ás reivindicacións feitas polo sindicato

UUAA esixe na mesa do viño en Santiago unha saída para os excedentes de uva de Monterrei que alcanza o 66% da produción
Publicado con fecha 06 de septiembre de 2005

O sindicato informará ós viticultores da mesa do viño o próximo día 16 en Verín O encontro foi positivo aínda que non se avanzou na negociación do prezo que algunhas adegas dixeron que porían en torno a 0,70 €/quilo, máis baixo que outras denominacións

UUAA urxe a Medio Rural á convocatoria da mesa do leite para recuperar o prezo que resolva os problemas actuais do sector
Publicado con fecha 01 de septiembre de 2005

Os gandeiros galegos perden máis de 5 millóns de euros ó mes pola demora na negociación Os gandeiros das comarcas de Barcala-Xallas acudirán a unha primeira concentración que terá lugar mañá ás 12 horas diante da Delegación do Goberno na Coruña


Notice: Undefined variable: cat in /usr/home/unionsagrarias/www/historial.php on line 20

Notice: Undefined variable: cat in /usr/home/unionsagrarias/www/historial.php on line 20

©Copyright 2005   Unións Agrarias - UPA

Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela

Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724   unionsagrarias_upagalicia@upa.es