O sindicato dos gandeiros e dos agricultores
Unións Agrarias insta a Urbanismo a axilizar os trámites de licencias para novos establos e para ampliacións dos existentes
Publicado con fecha 30 de noviembre de 2006
Unións Agrarias avoga por unha reforma da OCM do viño que aposte por un modelo vitícola social e que evite o abandono rural
Publicado con fecha 30 de noviembre de 2006
UUAA oponse á proposta da Comisión de arrancar 400.000 hectáreas, liberalizar a plantación e eliminar medidas de xestión de mercado, o que fomentaría o abandono e a caída de prezo da uva. Uns 300 viticultores asisten a unhas xornadas nas que interviron Ministerio, Xunta, adegas e sindicato
UUAA solicita que as plantas de biocarburantes ofrezan contratos para cultivos enerxéticos a prezos rendibles para o agro galego
Publicado con fecha 28 de noviembre de 2006
As industrias asentadas en Galicia producirán 400.000 toneladas de biocarburantes no 2012, o que esixe de plans para que parte da materia prima que abastecerá ás plantas se produza en Galicia. O sindicato entende que tamén é preciso un incremento da axuda europea ata os 100 euros hectárea
Unións Agrarias mobilizarase o sábado 16 de decembro en protesta pola falta de solucións para a crise do agro galego
Publicado con fecha 17 de noviembre de 2006
O sindicato segue a agardar a que o cambio na Xunta se plasme nun cambio para o agro. Os distintos sectores produtivos carecen de instrumentos estables que garantan acordos de prezos. UUAA solicita que as Mesas de diálogo abertas por Medio Rural concreten avances
Congresos comarcais - UUAA traballará por manter o entramado económico e social das máis de 4.500 explotacións que hoxe traballan na gandeiría na Terra Cha
Publicado con fecha 17 de noviembre de 2006
Uns 200 afiliados elexiron hoxe en Vilalba a José María Campo secretario xeral do sindicato. O sindicato defende medidas que aseguren rendas dignas en leite e carne, a posta en marcha dun contrato social e o incremento de ingresos polo aluguer ou expropiación de solares eólicos
O contrato social, un pacto contra o abandono
Publicado con fecha 15 de noviembre de 2006
Únións elabora unha proposta para compensar as funcións territoriais e medioambientais de agricultores e gandeiros
O contrato social, un pacto contra o abandono
Publicado con fecha 15 de noviembre de 2006
Unións elabora unha proposta para compensar as funcións territoriais e medioambientais de agricultores e gandeiros. O sindicato fixa o obxectivo de lograr 5.000 contratos para carne, leite e viño en dous anos.
Uns 18.000 propietarios de solares eólicos da Coruña cobran 2 millóns de euros ó ano, 10 veces menos do que ingresará a Xunta polas futuras concesións
Publicado con fecha 10 de noviembre de 2006
Incomprensiblemente, a Consellería de Industria quere ser xuiz e parte no proceso: decide se expropia ós veciños que non acepten o acordo da compañía e recibe beneficios. As empresas páganlles só o 1% dos 218 millóns de € que facturan ó ano na provincia
Congresos comarcais - Unións Agrarias fixa o obxectivo de lograr uns prezos xustos para os produtos agrarios no Congreso Comarcal de Ourense central
Publicado con fecha 03 de noviembre de 2006
O sindicato elixe unha nova Comisión Executiva Comarcal encabezada por Enrique García como secretario comarcal e María Páez como vicesecretaria. UUAA personificou en distincións a 3 persoas o recoñecemento ó traballo dos afiliados
Unións Agrarias considera moi positivo para o sector agrario o igualar ós 50.000 agricultores e gandeiros galegos co resto de traballadores
Publicado con fecha 03 de noviembre de 2006
O Consello de Ministros aproba hoxe a integración dos profesionais agrarios por conta propia do REASS no réxime de autónomos da Seguridade Social. A medida suporá unha suba de pensións manténdose, practicamente, a mesma cotización
A administración está retrasando a norma de contratos de integración que estabilizaría o prezo ó produtor de polos, un 11% máis baixo desde hai un ano
Publicado con fecha 02 de noviembre de 2006
MAPA e Medio Rural fanlle o xogo á industria por non regular as relacións do sector. A axuda media de 2.000 euros por granxa, que habilitou Europa tras baixar o consumo pola gripe aviaria, non frea a perda de renda dos produtores que cobran 5 céntimos menos por ave desde outubro de 2005
©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es