Unións Agrarias - UPA

O sindicato dos gandeiros e dos agricultores

Congresos comarcais - A defensa da explotación familiar, rendas dignas e o emprego rural, obxectivos da nova executiva de UUAA no Ribeiro

Odilo Rodríguez Álvarez será o novo Secretario Xeral en lugar de José Luis Rodríguez Celís. O Congreso contou coa presencia duns 200 afiliados e co Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez

Os afiliados de Unións Agrarias do Ribeiro elexiron hoxe a Odilo Rodríguez Álvarez como novo secretario xeral da comarca. O equipo liderado por Rodríguez Álvarez, que substitúe no cargo a José Luis Fernández Celís, afrontará o seu mandato co obxectivo de traballar na defensa do modelo de explotación familiar, en garantir a obtención de rendas dignas, na busca de novas alternativas de emprego no medio rural e na dotación de servizos axeitados aos seus habitantes.

Así llo fixo saber hoxe Odilo Rodríguez aos afiliados da comarca nun acto que se desenvolveu ao longo de toda a mañá nun acto que se celebrou en Santa Cruz de Arrabaldo e ao que asistiron uns 200 afiliados Tamén estivron o Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez; a delegada da Consellería de Traballo, Carmen Dacosta; o delegado de Medio Ambiente, Celso Fernández; o alcalde de Piñor de Cea, Francisco Fraga e o concelleiro de obras de Ribadavia.

A nova composición da Comisión Executiva, que por primeira vez conta cunha secretaría de Muller, é a seguinte:

Secretario Xeral: Odilo Rodríguez Álvarez

Secretario de Organización: Carlos Basalo Vidal

Secretario Acción Sindical: Alejandro Lodeiro Rodríguez

Secretario de Agricultura: José Manuel Blanco Pérez

Secretaria de Muller: Aurea Barreiro Paz

Secretario de Gandería: Andrés Álvarez de Cabo

Secretarios Executivos: Francisco Pérez Diéguez, Antonia Fernández Veleiro, María Eva Sobrino Silva, Concepción Araujo Rodríguez, Concepción Araujo Rodríguez, Emilio Vázquez Bande, Francisco Rodríguez Rodríguez.

©Copyright 2005   Unións Agrarias - UPA

Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela

Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724   unionsagrarias_upagalicia@upa.es