Unións Agrarias - UPA

O sindicato dos gandeiros e dos agricultores

Unións adoptará medidas de presión diante de Política Territorial pola demora na concesión de licencias de obra que afectan a explotacións de Ordes

Unións Agrarias iniciará medidas de presión diante da Consellería de Política Territorial pola demora que está a amosar para conceder licencias ás explotacións gandeiras. Así se expuso no III Congreso Comarcal de Ordes celebrado hoxe na Casa da Cultura desta localidade e na que foi relexido Secretario Xeral, Manuel Berdomas Tejo para os próximos catro anos diante de 300 delegados e invitados, entre eles os alcaldes de Ordes, Teodosio Martino, e Frades, Miguel Prado. Berdmoás Tejo contará cun equipo formado por 20 persoas: Óscar Javier Pose Andrade (Organización e Administración), José Manuel Ramos Tejo (Gandeiría), Juan Carlos Suárez García (Mecanización e Innovación); Jesús Ramón Rivas Marzoa (Agricultura); Victor Manuel Bello Castro (Comunicación), María Ángeles Álvarez Castro (Desenvolvemento Rural) e José Manuel Carro Mosquera (Produción Láctea).

Como secretarios executivos tamén están Manuel Pallas Castro, José Antonio Calviño Gómez, José Antonio Mosquera García, Eloy Sánchez Montaña, José Manuel Fraga Fraga, Ricardo Rodríguez Morlán, Margarita Mandayo Raposo, José Jaime Carneiro Uzal, María José Botana Méndez, Jesús Costa Goimil, Esther Paz García, José Bello Liste e Ángel Dono Sánchez.

Na súa intervención, Óscar Pose Andrade, recordou que nos últimos meses mantiveran numerosas reunións con representantes da Dirección Xeral de Urbanismo, dependente da Consellería de Política Territorial, para axilizar os trámites de licencias para novos establos “que se están a retrasar ata dous anos, cos conseguintes prexuizos para tódalas explotacións que están pendentes destas licencias”. Pose Andrade advertiu que ían adoptar medidas de presión para tentar desbloquear unha situación que é insostible “incluso os profesionais cun plan de mellora aprobado teñen que solicitar prórrogas para a xustificación do proxecto e non poden acceder a un novo plan de mellora”, argumentou.

Na clausura do congreso comarcal, o Secretario Xeral de Unións Agrarias, Roberto García, felicitou aos afiliados polo seu labor dos últimos meses e recordou que Unións Agrarias é un sindicato que defende os intereses dos agricultores e gandeiros. Pola súa parte, o novo secretario xeral da comarca, Manuel Berdomás Tejo, recordou que era fundamental que os gandeiros “esteamos todos unidos para pelexar polos nosos dereitos”.

Axudas do gasóleo

Óscar Pose Andrade aproveitou a ocasión para informar aos presentes que a partir do próximo luns, a oficina de Ordes empezará coa tramitación das axudas do gasóleo e recordou que, para acceder a esta compensación económica da administración central deberán de entregar a documentación necesaria (facturas do gasóleo, documentación do tractor, nº de conta e DNI). A cantidade a percibir será de 7,8 céntimos de € por litro consumido entre o 1 de outubro de 2005 e o 30 de setembro de 2006.

©Copyright 2005   Unións Agrarias - UPA

Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela

Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724   unionsagrarias_upagalicia@upa.es