Unións Agrarias - UPA

O sindicato dos gandeiros e dos agricultores

Unións Agrarias conta desde esta semana cunha nova oficina en Mazaricos para achegar os seus servizos e información sectorial aos afiliados da zona

Na súa política de achegar servizos o máximo posible aos afiliados, Unións Agrarias acaba de abrir unha nova oficina en Mazaricos. Grazas a este esforzo feito polo sindicato, os afiliados que viven neste municipio e nos limítrofes, e que antes tiñan que acudir á oficina de Santa Comba, máis afastada, poderán xestionar, tramitar ou solicitar información na nova sede. As instalacións estarán no número 2 da rúa do Emigrante e, en principio, abrirá as súas portas o martes e venres de cada semana.

Na nova oficina, Unións Agrarias seguirá a defender os intereses dos gandeiros e agricultores da zona. A actividade dos técnicos en Mazaricos será orientar a promover melloras nas condicións de vida e de traballo das explotacións agrogandeiras e forestais, facendo especial fincapé na necesidade de prezos xustos para os produtos. A organización, que sempre se distinguiu pola defensa da agricultura familiar, traballará tamén por un futuro para o conxunto do rural, promovendo a posta en valor forestal de montes veciñais e de montes privados, intermediando tamén nas negociacións entre compañías eléctricas e os propietarios afectados por parques eólicos. Outro campo de traballo será a promoción do asociacionismo e do recoñecemento e defensa do papel que xoga a muller no rural

Entre os servizos que ofrecerá a oficina da Picota están:

- Fiscal contable: persoas físicas e sociedades civís (declaración da renda, estimación directa, estimación obxectiva, declaracións do IVE), Sociedades e entidades xurídicas (cooperativas, sociedades, comunidades de montes veciñais...)

- Seguros (Mer e Mar), reprodutores e recría, EEB, uva, avicultura, cultivos protexidos, plantacións forestais, tractores, maquinaria, automóbiles...

- Trámites varios. Subvencións de vivendas, constitución e tramitación de sociedades (cooperativas, SATs, Asociacións, CUMAS, Sociedades civis), nóminas e TCs...

- Enxeñería. Proxectos agrarios (establos, fosas, naves, palleiras...), consultoría de edificación, industria e medioambiente, proxectos de enxeñería ambiental, prestación de servizos e proxectos técnicos forestais, informes técnicos, proxectos de adegas, tasacións e valoracións técnicas, anteproxectos e proxectos para plans de mellroa, asesoramento sobre a propiedade inmobiliaria rústica.

- Servizos xurídicos: recursos, escritos, contratos, reclamacións e actuacións extraxurídicas, defensa e representación en toda clase de asuntos e procedementos xudiciais e defensa das comunidades de montes e parques eólicos.

©Copyright 2005   Unións Agrarias - UPA

Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela

Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724   unionsagrarias_upagalicia@upa.es