O sindicato dos gandeiros e dos agricultores
(BOE 10 de xaneiro)
Beneficiarios: Titulares dunha explotación agraria ou dunha entidade xurídica adicada á produción agraria ou á prestación de servizos agrarios. Deben ser titulares do novo tractor e da maquinaria achatarrada.
Prazo: Abrirase en breve a través do DOG (Non estaba aínda aberto ó peche da revista)
Características: Os tractores e máquinas automotrices que se achatarren deberán ter máis de 15 anos, excepto no caso dos equipos de recolección, ós que se lles esixirá 10 anos. A axuda poderase destinar para a adquisición dunha máquina similar e tamén para sembradoras directas, cisternas de puríns e esparcidores de fertilizantes sólidos.
Coantía: O importe subvencionable non poderá exceder o 40 por cento con carácter xeral. En zona de montaña ou desfavorecida, o límite fíxase no 50 por cento. No caso de mulleres e agricultores mozos o tope elévase un 10 por cento. A cuantía básica da axuda establécese para tractores e motocultores en 80 euros por cabalo de vapor. Fíxanse axudas complementarias, entre elas para explotacións prioritarias (25 euros por cabalo), agricultores mozos (25 euros por cabalo), mulleres (10 euros por cabalo) e explotacións en zonas de montaña ou desfavorecidas (10 euros por cabalo). As cooperativas e SAT recibirán 70 euros por cabalo.
©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es