O sindicato dos gandeiros e dos agricultores
Unións Agrarias inicia no último trimestres do ano unha serie de xornadas sobre a agricultura ecolóxica para explicarlle ós posibles interesados os pasos que hai que seguir para poñer en marcha unha produción ecolóxica. Unha técnica do sindicato exporá os procedementos a seguir tanto no manexo da explotación como nos trámites burocráticos ante o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica.
Calendario
- Lugo (29 de setembro, edificio sindical, na Ronda da Muralla)
- Fonsagrada (3 de outubro, Salón de actos dos Chaos)
- Becerreá (11 de outubro)
- Viana do Bolo (17 de outubro, Casa de Cultura)
- Vilalba (24 de outubro, Hostal Terra Cha)
- Ortigueira (26 de outubro)
- Santa Comba (31 de Outubro)
- Lalín (7 de novembro, en Casa Pablo, Agoleta)
- Haberá tamén unha charla en Muxía, aínda sen fixar, durante este ano. No primeiro trimestre do próximo ano programaranse novas xornadas de agricultura ecolóxica. De estar interesado, póñase en contacto coa súa oficina de Unións Agrarias máis próxima.
©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es