O sindicato dos gandeiros e dos agricultores
Os afectados por danos de xabarín dentro de territorios cinexéticos poderán acceder a indemnizacións da Consellería de Medio Ambiente sempre que os danos superen os 150 euros e ata un máximo de 1.200 euros. Para cuantías menores de 150 euros, a responsabilidade recaerá nas sociedades de caza, que comprometeron coa Administración o pago dos danos de menor cuantía, según a Consellería de Medio Ambiente. Finalmente a Xunta optou por un modelo de indemnizacións directas en lugar de apostar pola posta en marcha dunha póliza de seguros.
Nos danos computados con perdas por riba dos 150 euros, a Administración farase cargo da indemnización total ata os 1.200 euros, pero tampouco pagará os primeiros 150 euros.
A orde de axudas publicarase en canto a Xunta estableza o baremo obxectivo de compensacións, algo aínda en negociación coas organizacións agrarias.
A orde de axudas, que estará aberta ata o 15 de outubro, terá un carácter retroactivo ata o 1 de xaneiro do 2006, polo que os afectados poderán cobrar axudas por danos xa sufridos este ano sempre que haxa constancia documental dos mesmos.
Con esta medida, a Xunta asumirá por primeira vez os danos do xabarín en terreos de caza (o 88 por cento do territorio), aínda que a Administración advirte ós Tecores da necesidade de aplicar os planos de aproveitamento cinexético en vigor en cada coto co obxectivo de controlar a expansión do xabarín. A Consellería anuncia rigurosidade no control das sociedades de caza. A orde de axudas revisarase de cara a anos vindeiros.
©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es