O sindicato dos gandeiros e dos agricultores
A seca que afecta ás producións forraxeiras está a empeorar a xa crítica situación que sofren as explotacións lácteas e de carne de Galicia, tocadas polos baixos prezos en orixe do leite e da carne, así como polo progresivo incremento dos custos de produción. Unións Agrarias entende que é preciso que a Administración adopte medidas para evitar que a seca se convirta nunha nova volta de torca sobre o sector agrogandeiro e sobre o medio rural.
A seca, coas conseguintes perdas, orixinará un incremento dos gastos da explotación, posto que os gandeiros terán que incrementar a adquisición de palla, alfalfa e concentrados ó baixar drásticamente o seu nivel de autosuficiencia de forraxes.
O sindicato considera que se debe impedir que a seca condicione o peche de explotacións que son viables económicamente, polo que solicita das Administracións a posta en marcha de axudas que palíen a crítica situación do sector. Unións Agrarias lembra que en anos anteriores a Administración autonómica non solicitou as axudas para a seca dispostas polo Goberno central e advirte de que non pode suceder nada parecido na actual campaña. Unións insta á Xunta de Galicia a arbitrar os mecanismos precisos, ben a través de fondos propios, estatais e/ou europeos, para paliar as perdas que sofre o sector agrogandeiro de Galicia.
INFLUENCIA DA SECA. Setembro do 2006
-Herba para ensilado. Unións calcula unhas perdas medias en Galicia do 50 por cento no segundo corte de herba para ensilado. As perdas estimadas teñen en conta tanto ás mermas de produción da herba que se puido cortar como os problemas detectados en moitas zonas nas que non se puido realizar o segundo corte de herba para ensilado porque non había herba que recoller (Por exemplo, na área de Ortigueira).
A superficie destinada a herba para ensilado ronda na comunidade as 137.700 hectáreas. Parte desta superficie é destinada logo do primeiro corte de herba para sementar millo forraxeiro (52.200 hectáreas), polo que a superficie real de pradeiras para o segundo corte de herba ronda as 85.500 hectáreas. Con esta superficie, a produción total esperada estímase en 410.400 toneladas. Tendo en conta un 50 por cento de perdas, as mermas de produción rondan as 205.200 toneladas, o que representa unhas perdas económicas de 8,6 millóns de euros.
-Millo forraxeiro. Unións calcula unhas perdas medias de produción en Galicia do 40 por cento. Nalgunhas zonas, caso da Terra Cha, incluso hai cultivos de millo que non se van ensilar a causa dos efectos da seca nos mesmos. A superficie destinada a millo forraxeiro pode cifrarse en torno ás 52.200 hectáreas, cunha produción total esperada de 1,8 millóns de toneladas. Tendo en conta as mermas provocadas pola seca, as perdas provocadas pola seca serían dunhas 753.000 toneladas, o que se traduce nunhas perdas económicas de 29 millóns de euros.
-Millo de gran. Unións calcula unhas perdas de produción do 40 por cento. A superficie destinada a millo de gran en Galicia sitúase en torno a 17.450 hectáreas, cunha produción total esperada de 209.580 toneladas. Cunha reducción da produción do 40 por cento, as perdas estímanse en 83.830 toneladas, o que supón unha perda económica duns 8 millóns de euros.
-Débense ter tamén en conta as mermas na herba seca e nos pastizais. Os prados a penas rexistran crecemento vexetativo e mesmo nalgunhas zonas o chan estase a agrietar.
©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es