Unións Agrarias - UPA

O sindicato dos gandeiros e dos agricultores

A extensión da cotitularidade, un logro de Fademur

A demanda da Federación de Mulleres Rurais (Fademur) de extender a cotitularidade nas explotacións ás maiores de 40 anos encontrou boa recepción na Xunta. A Consellería de Traballo anunciou a comezos de maio no Parlamento que as maiores de 40 anos poderán acceder nun futuro a axudas para a cotitularidade nas explotacións, posiblemente a partir do outono, según a directora xeral de Relacións Laborais, Pilar Cancela.

As subvencións dun 50 por cento na cota da Seguridade Social xa aprobadas polo Goberno e pola Xunta para as menores de 40 anos que traballan no agro como cotitulares dunha explotación constituiron un primeiro paso para erradicar unha situación inadmisible, xa que arredor dun 59 por cento das mulleres rurais galegas non cotizaba á Seguridade Socia. Fademur desenvolveu nos últimos dous meses sendos actos con mulleres rurais de Ourense e Pontevedra para fomentar a cotitularidade nas explotacións e para fomentar o asociacionismo no ámbito rural.

©Copyright 2005   Unións Agrarias - UPA

Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela

Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724   unionsagrarias_upagalicia@upa.es