O sindicato dos gandeiros e dos agricultores
A Mesa da Pataca celebrada a mañá de hoxe pechouse sen ningún tipo de acordo pola postura intransixente dos intermediarios do sector. As industrias e os comercializadores de pataca acudiron á Mesa cunha proposta de prezos pechada e negáronse a calquera tipo de negociación.
Ante esta situación, Unións Agrarias insta á Xunta a adoptar as medidas precisas para garantir unha negociación real de prezos na Mesa da Pataca. O sindicato considera que a Administración debe condicionar calquera tipo de axuda pública ós intermediarios da pataca ó peche dun acordo de prezos na Mesa e á posta en marcha de contratos homologados controlados pola Administración.
Unións Agrarias lamenta a postura defendida hoxe polos intermediarios e agarda que se aveñan a razóns en próximas reunións. Na Mesa da Pataca de hoxe, as industrias plantearon uns prezos de 11 céntimos para a pataca de industria e de 15 céntimos para a de consumo, en tanto que Unións Agrarias solicitaba 13 céntimos para industria e 18 para consumo. No transcurso das negociacións, Unións ofreceuse a baixar ambas cantidades, pero os intermediaros mantivéronse na postura inamovible coa que comezaron a mañá e negáronse a calquera tipo de incrementos na proposta que presentaron.
©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es