O sindicato dos gandeiros e dos agricultores
O secretario comarcal de Unións Agrarias no Deza, Román Santalla, tamén secretario de Gandeiría de UPA, participa hoxe 7 de maio na reunión do Comité consultivo de ovino e caprino da Comisión Europea. Na reunión abordarase a situación actual de mercado, prezos e importacións, así como as perspectivas de futuro no marco das negociacións da OMC (Organización Mundial de Comercio).
Outros puntos a abordar céntranse en cuestións sanitarias e veterinarias, como o sistema electrónico de identificación de ovino. En España, a introdución do bolo ruminal no 2005 como sistema de identificación do ovino e do caprino causou graves problemas de intolerancia ó sistema, sobre todo no caprino, motivo polo que Unións Agrarias-Upa lle solicitou unha moratoria na súa aplicación ó Ministerio de Agricultura, unha proposta que Agricultura se comprometeu a estudar.
Na reunión de hoxe do Comité Consultivo trataranse tamén as previsións para combatir a lingua azul en Europa no 2007 e debatiranse aspectos relativos ó benestar animal, como os métodos de sacrificio de ovino e caprino.
©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es