O sindicato dos gandeiros e dos agricultores
A máxima preocupación dos agricultores é asegurar unha renda en condicións
O departamento de Suárez Canal debe impulsar este organismo para a actual campaña que debe ser boa para os produtores polo descenso de produción que se prevé en Europa
Unións Agrarias enviou unha carta ó conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, onde lle solicita a apertura da mesa da pataca, un sector de gran importancia na Limia e do que dependen moitos dos seus agricultores. Ante a proximidade dunha colleita onde os pataqueiros descoñecen a como venderán a súa produción, é necesario chegar a un acordo económico inmediato que garantice a compravenda a un prezo que asegure a renda dos profesionais agrarios para esta campaña.
Segundo os datos dos que dispón o sindicato, hai un descenso de produción no resto da Unión Europea, situación que pode favorecer ó sector galego. Nun mercado como o portugués, o máis cercano, desapareceron unhas 6.000 hectáreas deste tubérculo na zona centroccidental, preto de Sintra e Lisboa. Así, non semella que os produtores galegos sufran unha competencia tan forte, como sucedeu en campañas anteriores, e manterase a demanda ó alza. Por estas razóns, a organización cre que o prezo en orixe ten que incrementarse.
Unha vez resolta esta cuestión, que é a que preocupa ós profesionais agrarios da Limia, a mesa sectorial debe continuar para solucionar, entre todos, outras necesidades como son:
- Estabilidade no acordo de prezos a través da posta en marcha de contratos homologados.
- Democratización e funcionamento transparente do Consello Regulador co obxectivo de que os produtores teñan a súa cota de representación real.
- Marcar os niveis de calidade, esixir a súa preservación e buscar o valor engadido do produto.
- Mellora das estruturas agrarias co fin de ampliar as parcelas para facer un máis cultivo máis racional.
- Vixiar a canalización das axudas, garantizando que istas chegan ós agricultores a través de fórmulas acordes coa legalidade e con transparencia.
O Institute of Food Research (un instituto británico de investigación alimentaria) acaba de descubrir que a pataca contén algo máis que fécula (asociado con calorías vacías e fomento de sobrepeso). Ten outros compostos que, cando se coce o tubérculo, reduce a presión arterial. Pois si se acaba de demostrar que é bo para os consumidores, a administración galega debe poñer algo da súa parte e demostrar que esta pranta tamén é boa para os agricultores; ademais do seu consumo, a única forma é pagándolle un prezo digno polo seu traballo e esforzo.
©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es