O sindicato dos gandeiros e dos agricultores
O MAPA anunciou hoxe que estudia fórmulas de aprazamento do pago da supertaxa
De nada sirve que as administracións amosen boa disposición se non evitan que as industrias cobren a multa, algo que están anunciando por carta a cada un dos implicados
O Ministerio de Agricultura anunciou hoxe que “estudia fórmulas de aprazamento do pago por sobrepasamento da cota leiteira”, pero sen concretar en qué se basan esas fórmulas e se teñen aplicación concreta. Non é aceptable que tanto o MAPA como a Consellería de Medio Rural teñan na incertidume ó sector con que, na realidade, non son definitivos, sobre todo, nun momento en que os gandeiros están recibindo cartas das súas industrias para efectivizar o pago da supertaxa de inmediato. Hai que facilitar os mecanismos legais para que os 3.569 gandeiros galegos non teñan que ingresar xa a multa.
De non concretarse o aprazamento, a organización convocará á mobilización para a primeira quincena de setembro. Pero si se consigue é cando se poden arbitrar outras actuacións que faciliten ós profesionais produtores de leite afrontar o pago da supertaxa sen que perigue a viabilidade da súa explotación. As medidas que deben adoptar as administracións son:
o Revisión xurídico-administrativo de tódolos casos.
o Medidas de financiamento.
o Continuidade do plan de restruturación e liñas de financiamento para a compra de cota.
o Baixo ningún concepto, o financiamento debe pasar pola industria para evitar que dispoñan dunha ferramenta máis para controlar ós gandeiros.
En caso contrario, as explotacións afectadas estarán nunha situación complicada, sobre todo nun momento en que teñen que facer fronte tamén ó abono de compra de cota.
Pero o problema da supertaxa non é o único que afecta ó sector leiteiro, aínda que si é o máis inmediato. De feito, o sector produtor necesita doutro tipo de actuacións por parte das administracións co obxectivo de mellorar as condicións de futuro, cunha mellora de prezos e a redución de custos. Entre outras cousas, é necesario un proxecto que complemente o plan de restruturación nacional a través do que os gandeiros galegos deben ampliar a súa cota.
Algunhas das medidas necesarias son o fomento de novas fórmulas de traballo en conxunto das explotacións, a creación dun grupo leiteiro galego, as políticas de ordenación do solo que faciliten o incremento da Superficie Agraria Útil ou a potenciación do desenvolvemento rural.
©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es