Unións Agrarias - UPA

O sindicato dos gandeiros e dos agricultores

¿Qué é Unións Agrarias-UPA?

UNHA ORGANIZACIÓN PROFESIONAL AGRARIA Ó SERVICIO DOS AGRICULTORES E GANDEIROS GALEGOS

UNIÓNS AGRARIAS - UPA é unha Organización Profesional Agraria, legalmente constituída, que desenvolve a súa actividade no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma Galega atendendo ós seus afiliados e afiliadas a través dunha rede de oficinas espalladas por todo o territorio.

UNIÓNS AGRARIAS - UPA forma parte da estructura da Unión de Pequeños Agricultores (UPA), organización a través da que participa e canaliza a súa actividade representativa no estado español e na Unión Europea.

UNIÓNS AGRARIAS - UPA está ligada estatutariamente á estructura da Unión Xeral de Traballadores (UGT), representando dentro da Confederación os intereses dos agricultores e gandeiros por conta propia e das pequenas empresas familiares ligadas á producción agrícola e gandeira.

Os obxectivos principais de UNIÓNS AGRARIAS - UPA son os seguintes:

    Representar e defede-los intereses profesionais dos homes e das mulleres que traballan nas explotacións agrarias galegas.

    Promover e realizar actividades para incrementa-las súas rendas e mellora-las súas condicións de vida e traballo.

    Defender un desenvolvemento equilibrado do medio rural.

©Copyright 2005   Unións Agrarias - UPA

Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela

Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724   unionsagrarias_upagalicia@upa.es