Unións Agrarias - UPA

O sindicato dos gandeiros e dos agricultores

Resultado da búsqueda

Unións Agrarias organiza en Santiago o I Congreso 'Medio Rural, Agricultura e Cambio Climático'
Publicado con fecha 18 de enero de 2008

Destacados investigadores de prestixio internacional participarán no foro. O evento, que se celebrará o 28 e 29 de febreiro, pretende analizar os retos ós que se terá que enfrontar a agrogandeiría nos próximos anos ante o cambio climático

Viño - Unións pide políticas que eviten o abandono de viñedos en Galicia, tendo en conta o impacto que orixinaría a medida no rural
Publicado con fecha 10 de julio de 2007

A viticultura familiar e de calidade das denominacións de orixe galegas garante o asentamento de máis de 17.000 familias no rural e a xestión de máis de 9.000 hectáreas. O sindicato demanda prezos dignos para a uva que fomenten a continuidade dos produtores

Viño - Unións Agrarias solicita unha liña de axudas para os viticultores que contribúa a paliar as perdas causadas polo mildiu no Ribeiro
Publicado con fecha 09 de julio de 2007

O sindicato advirte de que hai produtores que perderán ata o 100 por cen da colleita pola acción do fungo, que este ano ten gran incidencia polas condicións climatolóxicas

Desenvolvemento Rural - Unións Agrarias colabora con Solidariedade Internacional na mellora da produción agraria e forestal de Quime, en Bolivia
Publicado con fecha 06 de julio de 2007

O secretario de Desenvolvemento Rural de Unións, Jacobo Feijoo, vén de regresar de Sudamérica, onde traballou na busca de melloras para a xestión do eucalipto boliviano

Gandeiría - Unións Agrarias insiste ante os ministerios de Sanidade e de Agricultura na necesidade de suprimir o certificado veterinario
Publicado con fecha 04 de julio de 2007

A inutilidade do certificado demostrase en que todos os animais con EEB detectados a través dos tests realizados nos matadoiros ían acompañados do certificado veterinario. Os test en matadoiro e a retirada dos MER garanten a seguridade da carne consumida

Actos - Charla informativa sobre parques eólicos en Ordes
Publicado con fecha 04 de julio de 2007

A asociación Ventonoso organiza o xoves 5 en Ordes unha charla sobre os dereitos dos propietarios nos procesos de instalación de parques eólicos e liñas de alta tensión. Será na Casa da Cultura a partir das dez da noite.

Leite - Santalla intervén na reunión do grupo consultivo do Copa Cogepa coa Comisión Europea para abordar o futuro da política láctea
Publicado con fecha 03 de julio de 2007

A situación e perspectivas do mercado lácteo e a evolución da política láctea da UE a longo prazo, en especial do sistema de cotas, constitúen os temas principais da xuntanza. A xuntanza realizarase o mércores 4 de xullo, logo de xuntanzas previas do grupo ‘Leche’ do Copa

Leite - Unións informa ó sector de que as negociacións entre gandeiros e industrias permitirán picos a final de ano de 37-40 céntimos o litro
Publicado con fecha 28 de junio de 2007

Galicia liderará previsiblemente por primeira vez as subas de prezos a nivel estatal. O sindicato aspira a dotar de estabilidade na Mesa do Leite ás subas que se están a pechar. O Observatorio de Prezos do Sector Lácteo aportará os primeiros datos en xullo

Leite - Unións Agrarias defende a necesidade dun grupo lácteo que permita unha mellora das rendas no sector produtor
Publicado con fecha 21 de junio de 2007

O sindicato considera positivo que a Xunta retome a idea do grupo lácteo. Unións entende que o grupo debe ter unha marca asentada e xerar produtos de alto valor engadido, aspectos que é complicado lograr coa mera suma das industrias galegas

Actos - Charla polo parque eólico de Fonte Silva
Publicado con fecha 15 de junio de 2007

Ventonoso, a asociación de propietarios afectados por parques eólicos, continúa a prestar asesoramente nos procesos de implantación de novos complexos. O sábado 16 estará en Coristanco.

©Copyright 2005   Unións Agrarias - UPA

Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela

Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724   unionsagrarias_upagalicia@upa.es