O sindicato dos gandeiros e dos agricultores
A organización presentou hoxe as alegacións co fin de prorrogar un mes máis
Entende que é necesario o período máximo que permite a lei para incluír as novidades da modificación da Lei do Solo publicada a finais do ano pasado
Unións Agrarias-UPA solicitou hoxe por escrito ó Concello a prórroga por un mes máis do trámite de información pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Toques, esgotando o máximo permitido de dous meses,. Ademais, pide que se proceda a correción e adaptación do Plan Xeral á Lei 15/2 de 2004, de ordenación urbanística e proteción do medio rural de Galicia publicada a finais de decembro de 2004. A organización sindical entende que estas medidas son necesarias por varias razóns:
1. Non se fixo un avance do plan. Segundo o artigo 84 da Lei 9/2 de 2002, pódese formular un avance do plan que sirva de orientación á súa redacción e que inclúa a estratexia, as directrices e os obxectivos xerais do mesmo. Se o concello utilizará esta facultade, abriríase un primeiro período de información pública que permitiría ós veciños coñecer as súas características básicas antes da súa aprobación inicial, e polo tanto poderían presentar as primeiras alegacións.
2. Non se fixo uso do período máximo de información pública.A corporación tramitou a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Toques o pasado 26 de novembro de 2004. O 14 de decembro de 2004 apareceu publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG), someténdose a información pública durante tan so un mes. O tempo esgótase.
O artigo 85 da Lei 9/2 de 2002 permite utilizar un período máximo de 2 meses para o trámite de información pública, pero o concello optou polo período mínimo. A prórroga é necesaria porque este é o primeiro plan xeral de Toques e os veciños, porque non houbo o avance nin tampouco un período suficiente neste segundo trámite, non o coñecen.
3. Non se inclúe a modificación recente da Lei do Solo (15/2 de 2004). Os habitantes de Toques descoñecen a recente modificación da Lei do Solo (publicada no DOG o 31 de decembro pasado) e a forma na que afectará ó seu planeamento.
Entre outras novidades, a modificación da Lei flexibiliza e cambia os usos permitidos, prohibidos e autorizables en solo rústico, redefine determinadas categorías de solo rústico e outorga especiais facultades e posibilidades ós plans xerais dos municipios nos que máis do corenta por cento do termo municipal este clasificado como solo rústico de especial protección de espacios naturais. É o caso de Toques.
©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es