Unións Agrarias - UPA

O sindicato dos gandeiros e dos agricultores

UUAA pide un novo prazo de exposición pública do PXOM de Rodeiro para que os veciños, informados estes días polo Concello, poidan alegar

O sindicato valora positivamente o achegamento do plan á zona rural, aínda que é tardío

Unións Agrarias solicita un novo prazo de exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Rodeiro para que os veciños do rural, que estes días están recibindo, parroquia por parroquia, información por parte do Concello sobre este documento, poidan coñecer en que lles afecte as normas urbanísticas e teñan a oportunidade de presentar alegacións. A organización entende que este esforzo que fai o goberno local para informar ós habitantes do rural é positivo, pero tamén sabe que se tiña que facer con maior antelación.

UUAA cre que abrir un novo prazo de exposición pública non sería ningún problema, sobre todo porque entende que hai motivos sobrados para que a Xunta de Galicia o estableza. Por esta razón, o sindicato anima ó Concello a facer esta petición ó goberno galego polo ben de tódolos veciños, en particular, e do municipio, en xeral.

O prazo de exposición pública do PXOM de Rodeiro remata o próximo 2 de novembro, último día no que se poderán facer alegacións.

©Copyright 2005   Unións Agrarias - UPA

Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela

Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724   unionsagrarias_upagalicia@upa.es