O sindicato dos gandeiros e dos agricultores
Ante as dificultades que moitos gandeiros de Lalín están atopando para facer melloras nas súas explotacións, Unións Agrarias manterá un encontro de traballo co alcalde de Lalín, Xosé Crespo, este luns, día 27, ás 8 da tarde no concello. O problema radica en que a distancia mínima que permite a normativa para poder acometer calquera nova construcción está fixada nos 200 metros.
Pero grazas a reforma da Lei do Solo, que entrou en vigor a finais do 2004, os concellos teñen a posibilidade de facer modificacións atendendo a importancia agraria do municipio, reducindo a distancia ou incluso eliminando a limitación. A proposta de Unións Agrarias, que xa se presentou no Concello de Lalín e que se fixo pública no Congreso Comarcal celebrado precisamente en novembro de 2004, é reducir a distancia mínima a 50 metros. Esta opción permitiría a moitas familias mellorar as condicións de traballo e, incluso, incrementar as súas rendas que proceden maioritariamente da actividade agraria.
©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es