Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- 2012: Abandono imparable do rural

- Por unha reforma xusta da PAC



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA flickr UUAA YouTube UUAA
Información Axudas

Axudas vixentes

Axudas para a moratoria dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación das persoas mozas á actividade agraria.

Para explotacións de leite e carne que pidan un ano de carencia na amortización do préstamo dun plan de mellora do ano 2007 en diante, xa certificado, e que non se lle concedera carencias especiais en anteriores convocatorias.

Prazo: ata o 12 de xuño.

Axudas para cubrir as necesidades de liquidez das explotacións leiteiras.

A axuda consiste na bonificación de 3,3 puntos dos xuros dos préstamos subscritos por unha cantidade máxima do 90% do RPU e da axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector vacún de leite. O tipo máximo do préstamo será do 5,5%.

Prazo: ata o 15 de xuño para solicitar o préstamo e ata o 1 de xullo para solicitar a axuda.

Axudas para proxectos de enerxías renovables (solar térmica, fotovoltaica, minieólica e caldeiras de biomasa).

Solicitar canto antes porque se conceden por rigorosa orde de solicitude.

Axudas para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo (CUMAS)

Prazo: ata o 29 de maio.

Axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais

Prazo: ata o 29 de maio.

Axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, e axudas para a compra de gando bovino, ovino e cabrún que teñan por obxecto a reposición das reses, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais.

Prazo: ata o 31 de maio para a reposición no caso de baleiro sanitario nos anos 2010, 2011 ou 2012. Dentro do primeiro mes posterior á data en que sexa entregado o documento oficial que autoriza a incorporación de gando na explotación no caso de axudas por lucro cesante no período de postautorización á reintrodución. E ata o 30 de setembro no resto dos casos.

Axudas á apicultura.

Para explotacións apícolas inscritas no rexistro oficial apícola, cooperativas apícolas e asociacións de apicultores. Prazo: ata o 10 de xuño.

 

PARA TRAMITAR ESTAS E OUTRAS AXUDAS PASATE POLA OFICINA DE UNIONS AGRARIAS-UPA MAIS CERCANA O TEU DOMICILIO

 





Volver





50 años PAC







Comunidad Horta
























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal



Cimag



©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web