|
CR IXP CASTAÑA DE GALICIA
PROPOSTAS UUAA1. É necesaria unha considerable mellora das canles de distribución e comercialización, evitando a figura do intermediario, acompañada dunha mellora das estruturas produtivas. Para iso é clave a figura das agrupacións de produtores.
2. Dotar de estabilidade ó sector a través da implantación de contratos homologados que garantan uns prezos mínimos e a recollida de toda a produción.
3. Facer unha aposta clara polas plantacións de calidade, promovendo a formación dos produtores e o emprego de medios biolóxicos como loita para as efermidades do castiñeiro.
4. Promover a diferenciación das subvencións establecidas para especies forestais das plantacións de froito, xa que éstas requiren marcos e densidades de plantación diferentes e patróns específicos, incluíndo castes recomendadas por zonas. Asi como é importante solicitar a inclusión do castiñeiro nas liñas de axudas existentes para especies froiteiras de cáscara.
5. Establecemento de programas de emprego dirixidos á xente nova, como a creación de empresas viables e con futuro no sector, (mantemento de soutos, trasformación de produtos,...). coa finalidade de evitar o depoboamento e xestionar o territorio.
6. Creación de novas liñas de investigación cara a elaboración de novos produtos a partir da castaña.
7. Elaboración de programas formativos cara ó sector hosteleiro, sobre a versatilidade castaña tanto no ámbito da restauración
8. Establecemento de campañas divulgativas dirixidas ó consumidor, co fin de disfrutar da diversas posiblidades dun produto tradicional galego.
9. Fomento das redes de comercialización en mercados nacionais e internacionais.
10. Impulsar o establecemento de medidas fiscais adaptadas ós pequenos produtores.
CR IXP CASTAÑA DE GALICIA
Volver
|