|
OS PRODUTORES DE BRIÓN MARXINADOS NO COBRO DA PAC

Os produtores da comarca de Brión están sendo marxinados no cobro do adianto do 50% das axudas da PAC, xa que a estas alturas de ano aínda non percibiron nin un euro das cantidades ás que teñen dereito.
Logo de ter soportado unha porcentaxe de inspeccións as explotacións moi por enriba da media de Galicia, cun resultado que certifica que non se atopou ningunha irregularidade por parte dos demandantes das axudas, estas seguen sen ser aboadas.
Para Unións Agrarias non é entendible que os atrancos burocráticos da empresa Tragsa encargada de facer as inspeccións, impidan acceder as granxas a uns ingresos que lle son moi necesarios sobre todo no actual marco de crise que afecta ao sector lácteo. O sindicato reclama da Xunta de Galicia unha responsabilidade e operatividade que estea a altura dos graves problemas económicos que viven as familias que viven a traballan no rural.
Por outra banda a defensa do mundo rural e das axudas da PAC, que van a volver a ser brutalmente recortadas no vindeiro cumio da UE, é a principal reivindicación da concentración de gandeiros que terá lugar mañá as 12.00 horas diante da Delegación do Goberno en A Coruña.
Informe FEGA sobre perceptores da PAC
Volver
|