|
| Agricultura Pataca |
|
CR IXP PATACA DE GALICIA
PROPOSTAS UUAA
1. Fomento da implantación dos contratos homologados e condicionamento das axudas públicas á sinatura dos mesmos.
2. Amparar mais variedades de pataca, baseándose na calidade proveniente dun código de boas prácticas agrícolas, do territorio e da tradición e ampara ademais de pataca de consumo fresca, novas preparacións, envases e outros elaborados.
3. Novos criterios como produción máxima por hectárea segundo variedade e outros criterios tecnolóxicos e sensoriais.
4. Modernizar os controis, pasando de facelo con veedores, a facer unha xestión telemática por parte de agricultores, industriais baseándose máis en inspeccións finalistas e sancións por incumprimentos.
5. Modernizar a xestión e transparencia da emisión de contraetiquetas, proporcionando as mesmas ós produtores.
6. Promover a investigación en sementes autóctonas e alóctonas adaptadas.
7. Fomentar a mellora das estruturas produtivas, canles de distribución, comercialización e transformación, mediante axudas ao sector.
8. Apostar por unha interprofesión eficiente e con instrumentos de actuación viables, na que teñan cabida os produtores, consumidores e a distribución.
9. Implementar medidas de intervención da pataca que permitan axustar a produción ao consumo interno.
10. Regular o sector da pataca mediante a creación dunha OCM específica que redimensione o sector, garantindo unha renda digna aos produtores e establecendo mecanismos de seguridade pública ante situacións críticas.
CR IXP PATACA DE GALICIA
Volver
|
|



|