|
Campaña de información para escolares e universitarios de Galicia sobre a multifuncionalidade da PAC e a súa contribución ao desenvolvemento das zonas rurais
Unións Agrarias – UPA vai celebrar entre os meses de outubro e marzo unha “Campaña de información para escolares e universitarios de Galicia sobre a multifuncionalidade da PAC e a súa contribución ao desenvolvemento das zonas rurais”. A campaña vai dirixida aos escolares das zonas rurais e aos estudiantes universitarios de carreiras relacionadas co medio rural. En cada xornada abordaranse os siguientes temas: 1. ¿Que é a e cales son os seus obxectivos? 2. Multifuncionalidade da agricultura. 3. A PAC e o desenvolvemento rural. 4. Experiencia personal dun empresario agrario da zona. As xornadas compleméntanse cunha proxección audiovisual para estudiantes de primaria e cunha exposición para estudiantes de secundaria e universitarios.Coa celebración desta campaña preténdese explicar aos futuros profesionais do medio rural en que consiste a PAC, cales son os seus obxectivos e en que consiste o modelo de multifuncionalidade do medio rural que propugna. Esta acción englobase no marco das axudas para medidas de información no ámbito da política agrícola común da Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea e está cofinanciada nun 50% pola Comisión Europea. O material desta campaña está disponible para a súa descarga: Educación primaria: » Manual » Presentación
Educación secundaria e universitaria: » Ponencias » Presentación » Exposición Para máis información: Tfno: 981 530 500 ou dtor.tecnico@unionsagrarias.org
»Ver anuncio
Volver
|