Organización Acción Sindical Áreas horizontais Información Comunicación Participación
Áreas horizontais Medioambiente

Medio Ambiente comprométese con Unións a autorizar batidas inmediatas por danos do xabarín na comarca de Arzúa

No caso de que as batidas iniciais sexan infructuosas, o sindicato solicítalle á Consellería que autorice o desprazamento á comarca de cuadrillas de cazadores doutras zonas
Unións Agrarias mantivo unha reunión na mañá de hoxe co delegado provincial de Medio Ambiente, Manuel Tajes, para abordar os graves danos que están a causar os xabaríns nos cultivos da comarca de Arzúa e de concellos próximos (Arzúa, Boimorto, Touro, O Pino, Oroso, etc.). A reunión, na que tamén participaron gandeiros afectados e un técnico dun Tecor da comarca, saldouse co compromiso de Medio Ambiente de autorizar batidas inmediatas na zona para tratar de reducir a presión que exerce a especie sobre os cultivos forraxeiros destinados ó gando (millo forraxeiro, pradarías) e tamén sobre cultivos para consumo humano (pataca, horta).

Sete Tecores da zona confirmáronlle xa a Unións a súa intención de solicitar batidas (3 de Arzúa, 2 de Boimorto, 1 do Pino e outro de Oroso).

O sindicato trasladoulle tamén ó delegado a necesidade de batidas eficaces. No caso de que as batidas iniciais resulten infructuosas, Unións solicitoulle á Consellería que autorice o desprazamento á comarca de Arzúa de cuadrillas de cazadores doutras zonas para efectuar novos ganchos contra o xabarín, unha posibilidade contemplada na Lei de Caza.

Coas batidas, tratarase de controlar a sobrepoboación que presenta a especie, buscando así compatibilizar a existencia de xabaríns no monte co mantemento da actividade agraria. Na reunión da mañá de hoxe, expúxose que unha das hipóteses que se barallan para explicar a expansión do xabarín radica na mellora da eficacia reproductiva da especie, con partos de ata 8 crías fronte a ciclos naturais de 4 crías que presentaba a especie noutras épocas.

A Consellería informou tamén ó sindicato de que se está investigando en xeitos de prevención eficaces, sen que ata o de agora haxa conclusións definitivas sobre os mellores métodos (uso de repelentes, pastores, etc.). Unións entende que a medio prazo é necesario proceder tamén á mellora do hábitat da especie, é dicir, a facilitar que o xabarín poida atopar alimento suficiente no monte sen necesidade de exercer tanta presión sobre os cultivos.

Na reunión, participaron por Unións Agrarias o responsable do sindicato en Arzúa, Ángel Rodríguez; e o secretario de Desenvolvemento Rural, Jacobo Feijoo; así como gandeiros afectados de Cardama (Oroso) e de Arzúa.





Volver



Acceso usuarios
 
Lembrar Contrasinal       






- Mobilización contra do recorte das axudas da PAC.

- Presentación Proxecto Si Rural.

- Recortes nas axudas a cotitularidade.















Campaña de Recollida de Sinaturas Danos do Xabarín

FADEMUR - Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales


Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es