|
Accións > Campañas de sensibilización: "Contribución da muller ao desenvolvemento rural sostible"
A campaña está formada por unha exposición de 25 fotografías de traballos levadas a cabo por mulleres completadas con texto explicativo e impresas en textil "frontliht".
Datas e lugar de exposición:
A campaña poderase ver nos seguintes actos:
Congreso Unións Agrarias-UPA, 19 e 20 de febreiro de 2010. (Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia)
Congreso ECOMUDES, 18 de setembro de 2010 (Pazo de Congresos e Exposición de Pontevedra).
Congresos de Unións Agrarias, setembro de 2010 (consultar datas no correo electrónico dtor.tecnico@unionsagrarias.org)
Obxectivos primordiais:
- Informar e concienciar sobre as potencialidades das mulleres traballadoras da contorna rural, para descubrir o seu carisma empresarial nato e converterse en emprendedoras exitosas.
- Promover sistemas de produción sostibles no medio rural.
- Impulsar a participación activa das mulleres nas iniciativas empresariais relacionadas con medio ambiente, promovendo o uso racional dos recursos e o consumo e a utilización das tecnoloxías e métodos de produción respectuosos coa natureza.
- Fomentar a dignificación e profesionalización do traballo desempeñado polas mulleres nas zonas rurais.
|