|
Accións > Rede ECOMUDES
É unha Rede para o intercambio, na que se utilizarán todas as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías (videoconferencias grupais periódicas, SMS, creación de grupos de contactos para envío e recepción de correos electrónicos, etc.). Creación dos talleres virtuais de emprego.
Os obxectivos da rede son os que seguen a continuación:
- Unir esforzos entre as asociacións de mulleres rurais colaborando no intercambio de experiencias, de información e formación.
- Apoiar o desempeño ambiental das iniciativas ambientais no medio rural a través dos diferentes instrumentos de xestión.
- Dar resposta a necesidades emerxentes relacionadas co sector ambiental na contorna rural.
- Pór en marcha un sistema de intercambio mutuo de información en relación ás ecoiniciativas no medio rural e a aqueles temas que soliciten os destinatarios.
- Desenvolver habilidades, competencias e coñecementos para o desempeño de iniciativas empresariais, eficientes e efectivas que contribúan ao desenvolvemento sostible e que fomenten un intercambio de información.
- Aproveitar a experiencia práctica doutras iniciativas levadas a cabo no territorio nacional e internacional, relacionadas co enfoque de xénero, a conservación e o medio ambiente.
- Pór en contacto a grupos de mulleres para que poidan intercambiar información sobre un mesmo tema.
- Involucrar ás mulleres no deseño de proxectos e estratexias no medio rural de maneira que se maximice a expresión do coñecemento local.
- Informar da convocatoria de eventos, cursos, noticias e axudas.
- Servir de apoio para transformar ideas en estratexias de desenvolvemento, de tal xeito que se aumente a participación en iniciativas locais, toma de decisións, apoio a explotacións, incorporación de mecanismos tecnolóxicos innovadores, etc.
|
|