Blog ECOMUDES
Resumo do proxecto
Obxectivos
Accións
Documentos
Talleres Virtuais
Galería de fotos
Enlaces
Contacto

Resumo do proxecto

Muller, Medio ambiente e Desenvolvemento Rural en Galicia (ECOMUDES)
"Accións gratuitas cofinanciadas polo F.S.E."

Unións Agrarias está levando a cabo, en colaboración con FADEMUR Galicia, o proxecto "Muller, Medio ambiente e Desenvolvemento Rural en Galicia (ECOMUDES)" incluído no Programa empleaverde da Fundación Biodiversidad que se desenvolve no marco do PROGRAMA OPERATIVO ADAPTABILIDAD E EMPREGO DO F.S.E. PARA O PERÍODO 2007-2013. O período de execución do proxecto abarca desde o 1 de outubro de 2009 ao 30 de setembro de 2010 e está dirixido a mulleres traballadoras do medio rural de Galicia. A responsable do proxecto por parte da entidade é: Paula Conte García.

O proxecto intenta consolidar un protagonismo crecente das mulleres traballadoras do medio rural na sociedade civil, no asociacionismo, nos novos xacementos de emprego relacionados co medio ambiente, no papel multifuncional da agricultura, dos bosques, nas redes asociativas, en definitiva no novo sistema rural, aproveitando a experiencia práctica dos diferentes actores xa consolidados e o desenvolvemento de capacidades comunais, que se atopan no territorio, relacionados co enfoque de xénero, a conservación e o medio ambiente.

Pretende fomentar, entre as mulleres traballadoras do medio rural, actividades económicas como o ecoturismo rural, a produción, transformación e elaboración de alimentos ecolóxicos, a educación ambiental en espazos protexidos, a implantación de enerxías renovables, a xestión de residuos, a xestión forestal sostible, etc., que favorezan a mellora laboral de colectivos como o de mulleres traballadoras, con dificultades de inserción e que permita aproveitar recursos infrautilizados, xerando emprego e riqueza e axudando a fixar poboación no medio rural, coas vantaxes territoriais, sociais, económicas e ambientais que isto supón.

A Consellería de Medio Rural publicou recentemente a orde que regula o Contrato de Explotación Sostible destinada a favorecer o desenvolvemento de sistemas de produción axustados a diversos criterios de sustentabilidade. A medida é nova e tamén o é o axuste de normativas para cursar a solicitude polo que é necesario un proceso de adaptación, o proxecto dedica unha parte da súa formación a mellorar esta adaptabilidad.

Perfil de destinatarios:
Os destinatarios deste proxecto son as mulleres traballadoras (por conta propia ou allea) do medio rural de Galicia.
Non serán destinatarias as desempregadas e traballadoras de calquera entidade do Sector Público estatal, autonómico ou local.

O proxecto articúlase cunha serie de actuacións:
  • Cursos de formación, tanto teórica como práctica (a parte práctica levarase a cabo en empresas do sector ambiental).


  • Xornadas e Congreso, nas que se analizarán os principais problemas aos que se enfrontan as mulleres no medio rural tanto económicos como sociais, describiranse as principais iniciativas empresariais relacionadas co sector ambiental e as diferentes estratexias para afrontalas. As xornadas incluirán visitas a empresas innovadoras relacionadas coa temática do proxecto.


  • Rede para o intercambio. Na que se utilizarán todas as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías (videoconferencias grupais periódicas, SMS, creación de grupos de contactos para envío e recepción de correos electrónicos, etc.). Creación dos talleres virtuais de emprego.


  • Campañas, que acompañarán a un evento do proxecto e das organizacións Unións Agrarias-UPA e FADEMUR/FADEMUR GALICIA.


  • Edición de material informativo e divulgativo: Boletíns informativos de publicación cuatrimestral (información sobre experiencias de ecoiniciativas tanto nacionais como estranxeiras (cada número dedicará unha sección a unha actividade ecoempresarial específica).


  • Guías sobre ecoiniciativas empresariais no medio rural.


  • Asesoramento personalizado tanto presencial como on-line.

  • ACCIÓNS GRATUITAS COFINANCIADAS POLO F.S.E.



    Unións Agrarias – UPA | Proxecto ECOMUDES
    R/ Doutor Maceira nº 13 baixo
    15706 Santiago de Compostela (A Coruña)
    Teléfono: 981 530 500 | Fax: 981 531 724
    dtor.tecnico@unionsagrarias.org

    Resumen do proxecto | Obxectivos | Accións | Documentos | Talleres Virtuais | Galería de fotos | Enlaces | Contacto