|
Obxectivos
O proxecto "Muller, Medio ambiente e Desenvolvemento Rural en Galicia (ECOMUDES)" pretende promover o dinamismo empresarial entre as mulleres rurais, informando, formando e asesorando, sobre todo o necesario para pór en marcha unha empresa relacionada co medio ambiente; sobre a importancia da diversificación económica nas zonas rurais e os beneficios que supón para as mulleres a creación de empresas innovadoras relacionadas co medio ambiente, no ámbito rural, fomentando o asociacionismo para superar gran parte das desvantaxes da instalación de empresas en zonas rurais, diminuíndo os riscos e os custos.
Promover a mellora do comportamento ambiental das empresas xa constituídas. A través da información, formación tanto teórica como práctica, o asesoramento, sobre implantación de sistemas de xestión ambiental, preténdese desenvolver habilidades competencias e coñecementos e favorecer a implantación dos contratos de explotación sostible (CES) no sector agrario galego. Fomentando a ecogestión e a ecoinnovación tecnolóxica promovendo, a incorporación das TIC, e das mellores técnicas dispoñibles ás empresas rurais.
Fomentar a ecoiniciativa empresarial, mediante o asesoramento personalizado, a creación de redes, o intercambio de experiencias e a información sobre os novos nichos de emprego que nos ofrece o medio ambiente. Incorporando máis criterios ambientais na xestión das empresas rurais promovendo sistemas de produción sostibles (forestal, agrícola, gandeiro) e promovendo actuacións como o agroturismo, a utilización das enerxías renovables, a valorización dos residuos orgánicos, etc., que melloren a súa rendibilidade económica.
|
|