Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- As prácticas da distribución estrangulan ao sector dos polos

- Cañete non cumpre cos gandeiros galegos



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


23/01/2013

UUAA SOLICITA A CONVOCATORIA DA MESA DO VIÑO DE GALICIA


O sindicato Unións Agrarias ven de reclamar hoxe por carta ao secretario xeral da Consellería de Medio Rural, Tomas Fernández Couto a convocatoria, a maior brevidade posible, da Mesa do Viño de Galicia para abordar a situación da produción nas denominacións de orixe galegas.


 


A campaña de vendima 2012, estivo caracterizada por unha forte baixada da produción respecto ó ano anterior, chegando a caer case un 58% no caso da D.O. Rías Baixas. Do mesmo xeito os malos resultados obtidos, das negociacións dos contratos homologados de compravenda de uva, xunto a situación económica na que se atopan milleiros de viticultores coloca ao sector ante un panorama moi preocupante.


 


Desde Unións Agrarias ponse de manifesto que a forte recesión que están a sufrir os produtores e as incertezas que xera  a vindeira campaña vitícola. Por todo iso é importante  a convocatoria con urxencia da  Mesa do Viño de Galicia, co fin de por en marcha as negociacións para o establecemento dos contratos homologados en tódalas denominacións de orixe.









50 años PAC







Comunidad Horta
























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal



Cimag



©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web