04/02/2013
ULEGA REUNE AS SÚAS XUNTAS TERRITORIAIS GALEGAS
A organización de produtores Unión Leiteira Galega, promovida pola organización UUAA, reuniu hoxe en Santiago por primeira vez ás súas xuntas territoriais despois de rematar o proceso de leccións das mesmas que se desenvolveu ao longo de 2012. Na actualidade agrupa a 2.255 gandeiros distribuídos en 10 comarcas que suman unha produción de 500 millóns de quilos de leite, o que a converte no referente do sector lácteo en todo o Estado.
Unha vez concretada a súa estrutura territorial, Ulega ten como obxectivo destacado a concentración da oferta da produción dos socios que a integran e a comercialización co fin de optimizar custes produtivos, así como adecuar a produción á demanda.
Nesta líña, o seu presidente Xosé Vence demandou como imprescindible que se prevea na lexislación a figura dun árbitro ou mediador no caso de discrepancias entre as partes; tamén se reclama a creación dun fondo que sexa "Fogasa leiteiro", ao que poidan acudir los gandeiros no caso de padecer impagos, como os que se están producindo neste momentos por parte dalgunha industria.
Do mesmo xeito, púxose de manifesto a necesidade inaprazable de introducir as modificacións acordadas co presidente da Xunta de Galicia na Ley de Calidad Agroalimentaria para regular que o prezo do leite se forme desde o produtor ata o punto de venta e non que sexa la distribución a que marque a cotización.
Na reunión participaron representantes de ULEGA de Ourense, Arzúa, Bergantiños, Melide, Sarria, Lugo, Os Ancares, A Fonsagrada e Meira, Chantada, Terra de Lemos, A Ulloa e Quiroga, Soneira e Fisterra, Barcala - Xallas, Noia, Barbanza e O Sar, Terra Chá e A Mariña, Interior de A Coruña, Pontevedra. A Unión Leiteira Galega apostou por unha disposición comarcal para potenciar a participación dos gandeiros e evitar que uns poucos tomasen decisións por moitos. Ademáis busca ter un perfil puramente profesional xa que aínda que é unha organización impulsada por UUAA, está formada exclusivamente por gandeiros con cota, polo que ten un funcionamento profesional ao marxe do sindicato.
|



|