11/02/2013
UNS 40.000 PRODUTORES GALEGOS PERDERÁN INGRESOS COA REDUCIÓN PREVISTA DAS AXUDAS DA PAC
Unións Agrarias mobilizarase durante esta semana para impedir que os líderes europeos rebaixen o presuposto 2014-2020 da Unión Europea. Na madrugada do vindeiro xoves, partirán cara Madrid centos de agricultores e gandeiros galegos para concentrarse fronte á sede da UE en Madrid.
Galicia verá como se reducen de xeito drástico nos vindeiros exercicios, o orzamento de 175 millón de euros que anualmente a UE destina ás axudas da PAC que perciben os agricultores e gandeiros galegos. Uns recortes que van a afectar a preto de 40.000 preceptores de axudas que na actualidade manteñen a actividade agrogandeira en Galicia.
Do resultado das negociacións entre os Xefes de Estado e de Goberno dos 27 que comezan o xoves depende a vida de millóns de persoas en toda a Unión Europea. Polo que respecta a nosa Comunidade a perda destes investimentos van a supoñer unha grave eiva na vertebración económica, demográfica e asistencial en comarcas xa castigadas polo desemprego e a falta de rendas.
Na actual proposta da PAC Galicia debe dar a batalla para manter o nivel orzamentario doutros exercicios e o mesmo tempo para o sector lácteo impulsar a regulación normativa do Paquete Lácteo e o impulso das Organizacións de Produtores. Tamén no gando extensivo é imprescindible que se manteñan acoplados os dereitos das vacas nodrizas.
Finalmente e no ámbito da viticultura, é preciso, unha vez acadado o mantemento nas Denominacións de Orixe galegas dos dereitos de plantación ata 2030, impulsar a negociación entre produtores e adegas mediante contratos homologados que dean seguridade xurídica a comercialización da uva.
Finamente, UUAA tamén reclama unha mellor definición da figura do agricultor activo para poder ser beneficiario das axudas comunitarias.
|