Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- As prácticas da distribución estrangulan ao sector dos polos

- Cañete non cumpre cos gandeiros galegos



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


11/02/2013

UUAA AGARDABA MAIS COMPROMISO DA XUNTA COS GANDEIROS
Nunha primeira ollada a Lei de Calidade Alimentaria, contén moitas lagoas

Unións Agrarias agardaba moito máis da influencia da Xunta de Galicia, na redacción final da Lei de Calidade Alimentaria presentada hoxe polo ministro de Agricultura. Os acordos acadados o pasado 7 de decembro entre o sector lácteo galego e Núñez Feijoo, que puxeron fin a folga de entregas, tiñan como viga mestra o compromiso ineludible do presidente de introducir na normativa estatal todas aquelas melloras que se pactaran coas OPAS.


Neste sentido o sindicato esperaba máis valentía dunha norma que tiña como función poñer coto ao dereito de pernada co que industria e distribución levaron ao sector lácteo galego a situación de debilidade extrema no que se atopa. Para UUAA esta situación so se pode atallar desde un marco legal claro, completo e contundente se poña fin a mecánica de venta a perdas que a distribución francesa leva perpetrando con total impunidade para afogar ao sector produtor galego e quedarse con tada a cota de mercado


A Lei de Calidade Alimentaria, e a falta de coñecer o texto definitivo, parece conter grandes lagoas que a poden levar a unha total inoperancia na resolución dos graves problemas que atravesa o sector lácteo galego. Así, nun primeiro achegamento, bótase en falta a figura do mediador que fixe unha arbitraxe xusta no caso de desacordo en prezo entre industria e produtor polo que é evidente que a Administración renuncia a intervir para favorecer unha concreción equilibrada na cadea de valor do leite.


Do mesmo xeito, tal como ten denunciado en moitas ocasións, UUAA non ve ningunha utilidade no chamado Código de Boas Prácticas posto que tal como estaba definido non ten carácter disuasorio para as firmas comerciais que o incumpran xa  que se basea unicamente na boa vontade.


Finalmente, a organización agraria espera que o presidente da Xunta convoque a maior brevidade aos actores do sector lácteo para facelos partícipes dos contidos da norma e dos modelos de aplicación da mesma. 









50 años PAC







Comunidad Horta
























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal



Cimag



©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web