Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- As prácticas da distribución estrangulan ao sector dos polos

- Cañete non cumpre cos gandeiros galegos



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


17/02/2013

ULEGA PRESENTA O SEU MODELO DE CONTRATO LACTEO
A Unión Leiteira Galega, (ULEGA) vén de presentar na mañá de hoxe en Lugo o modelo de contrato que esta organización de produtores lácteos propón para equilibrar a cadea de valor neste sector e poñer fin a posición dominante de industria e distribución na mesma. Un formato contractual que recolle as bases elaboradas e aprobadas pola INLAC.

ULEGA reuniu hoxe aos representantes da súas xuntas territoriais na provincia de Lugo que en conxunto agrupan a uns 800 gandeiros cunha produción global de arredor de 175 toneladas de leite. No encontro cos responsables das catro comarcas luguesas o presidente de ULEGA, Xosé Vence, anunciou que se lle trasladou aos órganos inspectores do Ministerio de Agricultura un informe no que se recollen diversos modelos de contratos inzados de cláusulas abusivas que determinadas industrias están poñendo a sinatura dos gandeiros


 


No articulado do contrato lácteo presentado, destacan a duración  que se fixa nun ano para poder dar estabilidade nas ventas as granxas. Tamén se rexistra que o prezo fixado para o leite debe de estar referenciado a un índice elaborado pola INLAC no que se teñan en conta diferentes imputs como as variacións nos custes de produción froito da volatibidade de determinado insumos como os pensos, a enerxía ou os fertilizantes. No modelo contractual hoxe presentado, elimínanse as cláusulas abusivas que as industrias impoñen aos gandeiros, como as penalizacións por sobreprodución. Neste sentido desde ULEGA  proponse que se tome o volume de entrega da campaña anterior cunha tolerancia razoable na variación das entregas.


 


No marco deste encontro no que participou o secretario Xeral de UUAA, Roberto García, analizáronse os contidos do proxecto de Lei da Cadea Alimentaria que se deu a coñecer na pasada semana e que se atopa en tramitación parlamentaria. Tódolos asistentes coincidiron en sinalar das graves deficiencias que atopan nos apartados referidos ao sector lácteo. Destacando a ausencia da figura do mediador que arbitre nas relacións comerciais entre gandeiros e industria e tamén falta de interese que se percibe no articulado do borrador da nova lei para poñer fin a venta a perdas. Finalmente, ULEGA  súmase a demanda das organizacións agrarias no canto de pedir unha reunión co presidente da Xunta de Galicia para coñecer a súa posición ante o claro incumprimento dos acordos recollidos no protocolo asinado o pasado 7 de decembro.   









50 años PAC







Comunidad Horta
























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal



Cimag



©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web