Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- As prácticas da distribución estrangulan ao sector dos polos

- Cañete non cumpre cos gandeiros galegos



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


27/02/2013

O PROXECTO FARAMONTAOS PÓN EN PERIGO A TODA A LIMIA
UUAA presentou alegacións contra a instalación da mina na comarca

O proxecto “Faramontaos” presentado pola empresa Minicer, SL, e agora sometido a exposición pública pola Xunta de Galicia, vai a comprometer de xeito grave o desenvolvemento económico dunha comarca punteira no sector agrario como é a da Limia.


 


O Sindicato Unións Agrarias ven de presentar alegacións en relación a Resolución de 30 de novembro da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, por entender que a futura explotación mineira fará perigar a mellora da instalación de rega prevista pola comunidade de regantes “Corno do Monte”, unha obra de interese xeral que debe ser prioritaria por ser anterior e incompatible coa mina xa  que ocupan os mesmos terreos.


 


No mesmo documento presentado por UUAA póñense de manifesto a repercusión negativa que esta industria terá na actividade agraria polos danos que se causará en pistas e infraestrutura, así como pola cantidade de ruído e po en suspensión que se desprenderá da súa actividade.


 


Finalmente a organización sindical fai fincapé que segundo se detalla no plan de explotación, trabállase con augas ácidas a unha profundidade de 15m. Por ambos motivos vanse ver afectados o caudal e a calidade das augas, que ademais discorren por unha zona clasificada como pre-zepa. Concretamente afectará aos ríos Faramontaos e Nocedo, os pozos artesanais e a concesión da Confederación Hidrográfica Moño-Sil e a Comunidade de Regantes “Corno do Monte”


 


Unións Agrarias chama a Xunta de Galicia a un exercicio de responsabilidade para coa comarca da Limia xa  que no que atinxe so o sector agrario, esta considerada unha zona de actuación prioritaria. Nela cultívanse máis de 20.000 Has, distribuídas entre cereal, patacas, forraxes e horta, que serven como base para o amparo de agricultores e gandeiros da zona nas IXP Ternera Gallega, Pataca de Galicia e Pan de Cea.









50 años PAC







Comunidad Horta
























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal



Cimag



©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web