28/02/2013
O RIBEIRO SUFRE UNHA FORTE CAÍDA EN PREZO E PRODUCIÓN
UUAA solicita a convocatoria Urxente da Mesa do viño para frear a crise
Neste sentido, polo datos que manexa UUAA, na última campaña existeu unha reducción dun 15% de media no precio de uva e un 28% na cantidade de kilos. Neste sentido pasamos de 19 millóns de kilos en 2011 a 13 millóns en 2012. Polo que respecta a prezos a variación foi no caso das castes de 1 euro/kilo en 2011 a 0.85 en 2012.
Desde Unións Agrarias ponse de manifesto que a forte recesión que están a sufrir os produtores e as incertezas que xera a vindeira campaña vitícola. Por todo iso é importante a convocatoria con urxencia da Mesa do Viño de O Ribeiro, co fin de por en marcha as negociacións para o establecemento dos contratos homologados en tódalas denominacións de orixe.
|