Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- Boicot a Lactalis nos centros comerciais



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


27/04/2015

UUAA RECURRE A ORDE DA XUNTA DOS PAGOS DIRECTOS POR PERXUDICAR GRAVEMENTE AOS PERCEPTORES DE AXUDAS PAC
O sindicato calcula que serán 3.000 explotacións e 8.000 Ha as afectadas

~~O sindicato Unións Agrarias vén de presentar un Recurso Contecioso - Administrativo contra contra a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control. O montante destas axudas supón o 30% do desembolso total da PAC.

O feito que motiva o recurso é que a Comunidade autónoma excédese nas súas competencias posto que o Real Decreto Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural, considera dous períodos de cultivos, porén a Comunidade autónoma establece un único período, o que implica de facto unha perda para Galicia. A organización agraria considera que froito de esta irregularidade normativa da Consellería do Medio Rural prexudicarán gravemente a unhas 3.000 explotacións galegas que verán reducidas que terán que escoller entre deixar a ermo unhas 8.000 hectáreas, incluso terras arrendadas, ou ben deixar de percibir axudas.
A normativa estatal establece que o requisito de diversificación de cultivos debe cumprise ben no ciclo de inverno ou no de primavera e permite a cada solicitante decidir cal é o cultivo principal en cada recinto no caso de dobres colleitas. Porén, o goberno galego decidiu que en Galicia, a diversificación de cultivos debe cumprirse en todo momento do ano e que o período principal do cultivo é o de primavera. Isto implica que a práctica tradicional da rotación herba-millo que fan as nosas explotacións non se poda acoller a unha das excepcións que establece a normativa do cumprimento de greening para aqueles casos nos que a herba represente máis do 75% das terras de cultivo e que se limite o cultivo do millo ao 75% das terras arables das explotacións que teñen unha superficie superior ás 10 Ha.
Polo que para poder cumprir coa obriga dos requisitos do greening e poder optar a un pago que representa a metade do importe que cobre cada explotación polos dereitos de pago básico a superficie a millo das nosas granxas reduciráse en máis de 5% a superficie dedicada a millo o que incrementará os custos de produción pola da compra de forraxes e alimentos de fóra da explotación. Unha situación que por outra banda tamén supón unha total contradicción co espirito do Banco de Terras e agudizar o déficit de superficie agraria útil, SAU que temos en Galicia

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web