Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- Boicot a Lactalis nos centros comerciais



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


12/05/2015

UUAA RECLAMA A PUBLICACIÓN DOS DATOS DE SUPERTAXA
Moitos gandeiros teñen retidas cantidades sen ter producido de máis

~~O sindicato Unións Agrarias reclama a publicación por parte do Ministerio de Agricultura dos datos finais de explotacións que se verán afectadas pola supertaxa. Na actualidade moitos produtores lácteos de Galicia teñen retidas importantes cantidades de diñeiro por parte das industrias nas liquidacións do leite do mes de marzo, sen que tivesen incorrido en sobrepasamento na produción.

Unhas retencións que por outra parte supoñen un abuso porque se aplican sen que por parte do Ministerio se teña activado o Decreto que as ampara.

Neste sentido a organización agraria considera inxusto que os gandeiros teñan que manter activos custosos avais bancarios para cubrir os ingresos retidos e pagar os investimentos preventivos realizados en aluguer de cota ante a posible incidencia das sancións.

UUAA considera que se fixo unha xestión do fin das cotas un tanto improvisada no referido a elaboración de prognósticos de sobrepasamento da produción láctea -no que se chegou a falar  300.000 toneladas-, cando a Universidade de Santiago de Compostela nun informe que se fixo público no seu día xa avanzaba que a cifra final sería infinitamente menor.

O resultado final e que as oscilacións nas cifras e a cadea de ameazas de multas por supertaxa vertidas desde distintos ámbitos da Administración, correron paralelos ao inchado da burbulla especulativa da compra e alugueiro de dereitos de produción e foron causa de que moitos titulares e explotacións secaran vacas ou mandaranas ao matadoiro.

En definitiva serviron para que os gandeiros das pequenas explotacións pagaran xa supertaxa daqueles que grandes que nunca tiveron intención sacar o pe do acelerador da produción, para situarse nunha boa posición para entrar no mercado sen cotas en boa posición.

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web