Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- Boicot a Lactalis nos centros comerciais



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


16/05/2017

UUAA DENUNCIA O IMPACTO DO PARÓN EÓLICO NO RURAL GALEGO
A poxa é unha oportunidade de reactivar o sector das renovables en Galicia

Santiago, 16 de maio. de 2017.- A poxa de enerxía renovable de mañá 17 de maio, pode ser unha oportunidade para reactivar o sector eólico galego. Os montes galegos teñen agora mesmo instalados uns 3.200 MW de potencia eólica, unha potencia equivalente a 3 centrais nucleares, pero únicamente se teñen instalados 50 MW adicionais dende o parón do ano 2010.
 
Actualmente os cálculos de Unións Agrarias estiman que a actividade eólica xera ao ano unha cifra duns 6 millóns de euros en pagos a propietarios forestais e Comunidades de Montes en concepto de arrendamento polos terreos onde se instalan os parques. Unha cifra importante, pero moi por debaixo da potencialidade que ten a enerxía renovable de xerar rendas no rural, para o cal hai que seguir traballando na busca de fórmulas que permitan incrementar a participación social na xeración de enerxía eólica.

A día de hoxe hai en Galicia 26 parques eólicos con todos os permisos administrativos finalizados. Norvento, empresa galega, con 7 parques eólicos aprobados sería a empresa en mellores condicións de desenvolver de inmediato parques eólicos en Galicia de obter na subhasta de mañá potencia adxudicada. A seguinte empresa posicionada sería Smartener do galego Honorato López Isla con 5 parques eólicos, sumando entre ambas empresas 310 MW listos para executar. Lles seguen outras empresas ata completar os 26 parques aprobados, que non precisarían de máis trámites administrativos, sumando 648 MW. 

Galicia ten pendente de desenvolvemento unha bolsa total de parques eólicos cunha potencia aproximada de 2000 MW, pero non todos tan adiantados na súa tramitación como os 648 MW referidos. Hai que ter en conta que as empresas adxudicatarias de parques eólicos nos anteriores concursos da Xunta de Galicia, e que están pendentes e execución, algúns deles con proxectos industriais asociados, non se poden desenvolver a non ser que vaian obtendo MW nas poxas que organiza o Ministerio, poxas como a de mañá 17 de maio, e de ahí a súa importancia. Non obstante as adxudicacións das poxas do Ministerio, deixan a porta aberta aos seus adxudicatarios, a instalar os parques en calquera punto de España ata o ano tope de 2020 para telos executados. De ahí tamén a importancia de que a Xunta de Galicia remova obstáculos como o Canon Eólico, que supón un custe adicional para as empresas, pero que pagamos tamén os consumidores galegos do noso peto ao repercutirsenos no recibo da luz.

Na actualidade cada novo parque eólico que se instala en Galicia, ven deixando unhas rendas de entre o 0,5% ao 1,5% do valor da súa produción a propietarios de terreos e Comunidades de Montes onde se asentan, cifra manifestamente mellorable con acordos máis transparentes e xustos cos propietarios dos solares eólicos. A día de hoxe os ingresos por rendas eólicas supoñen en torno ao 15-20% dos ingresos que obteñen as comunidades de montes por vendas de madeira, a súa principal fonte de ingresos.

Unións Agrarias e Ventonoso consideran que fai falta a definición dun novo SOPORTE LEXSLATIVO, onde os propietarios dos terreos, as comunidades de montes, e as cooperativas agrarias, teñan un papel relevante como propietarias dos terreos onde se levantan os parques, como ocorre en Alemaña e Dinamarca, onde ata un 20% dos parques pertencen a cooperativas de agricultores e gandeiros, e onde os propietarios dos terreos perciben ata un 10% dos ingresos dos parques, fronte o habitual 1,5% que se veu dando en Galicia. Con contratos leoninos, de prórroga automática, e dereitos de superficie para as empresas sobre a totalidade das fincas, e non só as partes ocupadas polas infraestruturas do parque, contratos que son auténticas “preferentes do vento”.

Voceiros para este tema: 

Jacobo Feijoo, secretario de Desenvolvemento Rural de UUAA (Tlf: 639 63 01 40)

José Antonio Diéguez, presidente de Ventonoso (Tlf: 677348794)



anexos.pdf































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web