Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- Boicot a Lactalis nos centros comerciais



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


16/05/2017

UUAA DENUNCIA O IMPACTO DO PARÓN EÓLICO NO RURAL GALEGO
A poxa é unha oportunidade de reactivar o sector das renovables en Galicia

Santiago, 16 de maio. de 2017.- A poxa de enerxía renovable de mañá 17 de maio, pode ser unha oportunidade para reactivar o sector eólico galego. Os montes galegos teñen agora mesmo instalados uns 3.200 MW de potencia eólica, unha potencia equivalente a 3 centrais nucleares, pero únicamente se teñen instalados 50 MW adicionais dende o parón do ano 2010.

Actualmente os cálculos de Unións Agrarias estiman que a actividade eólica xera ao ano unha cifra duns 6 millóns de euros en pagos a propietarios forestais e Comunidades de Montes en concepto de arrendamento polos terreos onde se instalan os parques. Unha cifra importante, pero moi por debaixo da potencialidade que ten a enerxía renovable de xerar rendas no rural, para o cal hai que seguir traballando na busca de fórmulas que permitan incrementar a participación social na xeración de enerxía eólica.

A día de hoxe hai en Galicia 26 parques eólicos con todos os permisos administrativos finalizados. Norvento, empresa galega, con 7 parques eólicos aprobados sería a empresa en mellores condicións de desenvolver de inmediato parques eólicos en Galicia de obter na subhasta de mañá potencia adxudicada. A seguinte empresa posicionada sería Smartener do galego Honorato López Isla con 5 parques eólicos, sumando entre ambas empresas 310 MW listos para executar. Lles seguen outras empresas ata completar os 26 parques aprobados, que non precisarían de máis trámites administrativos, sumando 648 MW.

Galicia ten pendente de desenvolvemento unha bolsa total de parques eólicos cunha potencia aproximada de 2000 MW, pero non todos tan adiantados na súa tramitación como os 648 MW referidos. Hai que ter en conta que as empresas adxudicatarias de parques eólicos nos anteriores concursos da Xunta de Galicia, e que están pendentes e execución, algúns deles con proxectos industriais asociados, non se poden desenvolver a non ser que vaian obtendo MW nas poxas que organiza o Ministerio, poxas como a de mañá 17 de maio, e de ahí a súa importancia. Non obstante as adxudicacións das poxas do Ministerio, deixan a porta aberta aos seus adxudicatarios, a instalar os parques en calquera punto de España ata o ano tope de 2020 para telos executados. De ahí tamén a importancia de que a Xunta de Galicia remova obstáculos como o Canon Eólico, que supón un custe adicional para as empresas, pero que pagamos tamén os consumidores galegos do noso peto ao repercutirsenos no recibo da luz.

Na actualidade cada novo parque eólico que se instala en Galicia, ven deixando unhas rendas de entre o 0,5% ao 1,5% do valor da súa produción a propietarios de terreos e Comunidades de Montes onde se asentan, cifra manifestamente mellorable con acordos máis transparentes e xustos cos propietarios dos solares eólicos. A día de hoxe os ingresos por rendas eólicas supoñen en torno ao 15-20% dos ingresos que obteñen as comunidades de montes por vendas de madeira, a súa principal fonte de ingresos.

Unións Agrarias e Ventonoso consideran que fai falta a definición dun novo SOPORTE LEXSLATIVO, onde os propietarios dos terreos, as comunidades de montes, e as cooperativas agrarias, teñan un papel relevante como propietarias dos terreos onde se levantan os parques, como ocorre en Alemaña e Dinamarca, onde ata un 20% dos parques pertencen a cooperativas de agricultores e gandeiros, e onde os propietarios dos terreos perciben ata un 10% dos ingresos dos parques, fronte o habitual 1,5% que se veu dando en Galicia. Con contratos leoninos, de prórroga automática, e dereitos de superficie para as empresas sobre a totalidade das fincas, e non só as partes ocupadas polas infraestruturas do parque, contratos que son auténticas “preferentes do vento”.

Voceiros para este tema:

Jacobo Feijoo, secretario de Desenvolvemento Rural de UUAA (Tlf: 639 63 01 40)

José Antonio Diéguez, presidente de Ventonoso (Tlf: 677348794)

ANEXOS

SITUACION DAS EMPRESAS EN GALICIA a 1 dia da subasta

“Proxectos con parques eólicos aprobados administrativamenteen Galicia (-50MW)”

Proxectos anteriores o concurso Feijoo

Aprobación ano 2013:p. eólicos en Muxía da empresa EDP MW

Aprobación ano 2016:p. eólico Santa Comba ( HLI) Smartener

p. eólico Monteagudo de EOGAL

Proxectos do concurso Feijoo

Aprobación ano 2014: p. eólico Paraño Oeste de ( HLI)smartener-50MW

P. eólico Chan do eixo de COGAL-12MW

P. eólico Faro de nieblagen-3MW

Aprobación ano 2015:p. eólico Acibal de NORVENTO 12MW

p. eólico Orrea de ALDESA42 MW

p. eólico 1ª fase monte Arca de Vento Cotinuo galego 9 MW

p. eólico Tenzas do aire de Renovables san Martiño 12 MW

p. eólico Mondigo deEssus 45 MW

p. eólico Carracedo de Norvento 9 MW

p. eólico Xinzo norte de ( HLI)smartener 27 MW

p. eólico Cernego de Airosa vento Copasa 21 MW

p. eólico ourol de Enebro Renovables 24 MW

p. eólico Friol de Enebro Renovables 21 MW

Aprobación 2016:p. eólico Oleron de Norvento24 MW

p. eólico Campo pequeño de( HLI)smartener 27 MW

p. eólico Coto de frades de Norvento 15 MW

p. eólico Cordal Ousa de GNF 21 MW

p. eólico Alto da Telleira de Vector verde Adantia 48 MW

p. eólico serra do Faro de Vector verde Adantia 33 MW

p. eólico A Pastoriza de Norvento 33 MW

p. eólico Figueiras de Fergo- ( HLI)smartener 22,5 MW

Aprobación 2017:p. eólico Cadeira de Norvento18 MW

PES Mondoñedo? Concesión de 3MW

Ranking empresarial por numero de parques eólicos

NORVENTO 7 parques eólicos
( HLI) SMARTENER (EOLICA GALENOVA, TORRE DE HERCULES, FERGO) 5 PARQUES EOLICOS
ADANTIA- VECTOR VERDE 2 PARQUES EOLICOS
ENEBRO RENOVABLES 2 PARQUES EOLICOS
EOGAL 1 PARQUES EOLICOS
AEROGENERACION GALICIA- TABOADA Y RAMOS 1 PARQUES EOLICOS
COGAL 1 PARQUES EOLICOS
NIEBLAGEN 1 PARQUES EOLICOS
ALDESA 1 PARQUES EOLICOS
VENTO CONTINUO GALEGO 1 PARQUES EOLICOS
RENOVABLES SAN MARTIÑO- CAMPOS 1 PARQUES EOLICOS
ESSUS ENERGIAS RENOVABLES 1 PARQUES EOLICOS
AIROSA VENTO COPASA 1 PARQUES EOLICOS
GNF 1 PARQUES EOLICOS

Ranking de empresas por potencia e porcentaxes sobre o total adxudicado

HLI SMARTENER 166.5 MW-86%
NORVENTO 144 MW -48%
ADANTIA VECTOR VERDE 81 MW-69%
ENEBRO 45 MW-100%
ESSUS 45 MW-100%
ALDESA 42 MW-43%
AEROGENERACION GALICIA 27 MW-53%
AIROSA VENTO- COPASA 21 MW-12%
GNF 21MW-11%
EOGAL 18,4 MW-100%
COGAL 12 MW-40%
RENOVABLES SAN MARTIÑO 12 MW-100%
VENTO CONTINUO GALEGO 9 MW-38%
NIEBLAGEN 3 MW-100%

Solicitudes en Galicia vía nacional

Título

Estado

Adantia

20170011

PARQUE EOLICO COTO DE LOUREIRO DE 62,1 MW, LINEAS SUBTERRANEAS A 30 KV,SUBESTACION ELECTRICA A 30/66 KV Y LINEA ELECTRICA A 66 KV,PARA EVACUACION EN A LARACHA Y CERCEDA(A CORUÑA)

Consultas previas

Adantia

20150110

PARQUE EOLICO MARCOFAN DE 52,8 MW, TT.MM. O IRIXO, BEARIZ Y BOBORAS (OURENSE)

Fin Fase Potestativa

Adantia

20150109

PARQUE EOLICO ALTO DE MONTOUTO DE 52,8 MW, TT.MM. A CAÑIZA, COVELO Y MONDARIZ (PONTEVEDRA)

Fin Fase Potestativa

Villar Mir

20140034

PARQUE EOLICO PEDRA MIÑON DE 59,4 MW, TT.MM. VIMIANZO Y ZAS (A CORUÑA)

Fin Fase Potestativa

Villar Mir

20140033

PARQUE EOLICO MONTE ALEGRE DE 52,8 MW, TT.MM. CORISTANCO, CARBALLO Y TORDOIA (A CORUÑA)

Fin Fase Potestativa

Cabinvest inversiones

20090517

PARQUE EOLICO SIERRA DE LIÑARES (PROVINCIAS LUGO Y ASTURIAS)

Traslado consultas

20080421

LINEA ELECTRICA, DOBLE CIRCUITO, DE DISTRIBUCION EVACUACION DEL PARQUE EOLICO XUNQUEIRA. TT.MM. SAN TIRSO DE ABRES, VEGADEO, TRABADA. (ASTURIAS, LUGO)

Publicado en el BOE

Global wind

20080320

PARQUE EOLICO EL CAÑIZO TT.MM. A MEZQUITA Y A GUDIÑA (ORENSE) Y PIAS (ZAMORA)

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web