Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- Boicot a Lactalis nos centros comerciais



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


22/05/2017

UUAA CHAMA AOS PRODUTORES Á PROTESTA POLA FALTA DE AXUDA
A mobilización terá lugar mañá as 11.00h no Pabillón dos Remedios en Ourense

Santiago de Compostela, 22 de Maio de 2017 – O sindicato UUAA convoca aos produtores afectados polos danos das xeadas das pasadas semanas nas súas explotacións a unha gran mobilización mañá, 23 de maio a partir das 11.00 h no Pabillón dos Remedios en Ourense.

Non foi posible a pesar dos esforzos realizados pola organización agraria, acadar unha resposta nin da Consellería do Medio Rural nin da Presidencia da Xunta aos chamamentos de apoio feitos cara as familias que viron perder a colleita de nas catro denominacións de orixe vitivinícolas afectadas en Lugo e Ourense. Nin tampouco houbo sensibilidade con produtores de con graves danos no sectores da castaña, cereal ou apicultura, que o pasado 19 de maio sacaron os tractores a rúa nas comarcas de Viana do Bolo e A Gudiña.

Na mobilización de mañá na cidade de Ourense daranse cita centos colleiteiros, adegas e produtores agrarios que proceden dos mais de cincuenta concellos afectados nas provincias do interior de Galicia. Unións Agrarias non entende que coa magnitude da catástrofe acaecida e da que non se ten memoria non últimos cen anos, non haxa un concurso de todas as administracións e unha coordinación eficaz por parte do xefe do Goberno galego para tratar de atenuar os seus efectos.

O sindicato non considera xusto nin sensato entregar as entidades bancarias a potestade de decidir que explotacións sobreviven e cales se quedan no camiño ao non poder acceder a un crédito por ser insolventes xa que non ten colleita na que ampararase. Resulta un contrasentido que tendo a maior parte dos produtores perdas do 100% se habiliten so solucións ás que non van a poder acceder.

As axudas son o instrumento legal mais efectivo do que se dispón para superar unha crise que ven a rematar unhas economías de por si moi condicionadas polos baixos prezos da uva. Son ademais un mecanismo habitual posto en marcha noutros sectores e mesmo para a viticultura no 2016 na Ribeira Sacra. Do mesmo xeito, non bastan con propostas de adiar o pago das cotas da Seguridade Social senón a súa condonación efectiva. Accións para as cales a Xunta de Galicia pode afrontalas cos Fondos de Compensación previstos nos orzamentos xerais que acadan os 60 millóns de euros.

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web