Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- Boicot a Lactalis nos centros comerciais



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


29/05/2017

UUAA PIDE ADAPTAR A LEI DE PROTECCIÓN DE ANIMAIS AO ÁMBITO RURAL
A lectura urbana da norma non recolle o traballo dos cans pastores ou de caza

Santiago, 29 de Maio de 2017.- Unións Agrarias está a desenvolver estes días contactos cos grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia, a fin de acadar un consenso sobre a necesidade de modificar puntualmente o Anteproxecto de Lei de benestar de animais domésticos, antes da súa aprobación definitiva, para evitar futuras situacións absurdas no rural galego.

Esta lei concebida para mascotas en entornos urbanos, pode estar máis ou menos acertada para regular a tenencia e evitar o maltrato dos cans de compañía, pero non considera as especificidades dos cans de traballo nin dos cans de caza mentres desenvolven as súas tarefas específicas. Igualando posibles lesións dos animais no desenvolvemento das súas tarefas (lesión dun mastín nun enfrotamento cun lobo defendendo un rabaño, lesión dun can de caza por un xabarín) directamente co maltrato animal, sen facer distincións de matices. As sancións por este concepto van de 5.001 a 30.000 euros. É lóxico sancionar a un maltratador dun animal, pero non é lóxico non facer distinción clara na Lei do que é maltrato, doutras situacións con posibles danos dos cans no desenvolvemento do seu traballo.

Esta falta de separación  clara no actual Anteproxecto de Lei, fai que se poida chegar a situacións grotescas, como que se denuncie a un propietario dun mastín de garda por poñer en risco a vida do seu can ao ter como fin enfrontarse ao lobo, ou a obrigar a que garde o gando con bozal por considerarse un animal potencialmente perigroso pola súa envergadura. Igualmente a que se sancione ao propietario dun can de caza polo simple feito de que resulte ferido nunha batida do xabaríl, tan necesarias para o equilibrar as poboacións desta especie que depreda ao resto da fauna (especialmente nos espazos naturais protexidos), causa 2 accidentes de tráfico cada día nas estradas galegas, e produce miles de euros en perdas nas colleitas de agricultores e gandeiros galegos.

A día de hoxe no rural, e sen terse aprobado esta lei, hai xa denuncias e propostas de sancións a gandeiros por utilizar mastíns ceibos para gardar o gando, ou por pasear animais ceibos por fincas privadas non pechadas, mentres traballan co gando e aínda que non causaran ningún tipo de problemas a terceiros co seu comportamento. Esta nova norma, de non enmendarse no Parlamento, abre aínda máis a porta a este tipo de sancións, e a presión sobre a actividade do rural, e criminalizando na práctica o uso de cans de traballo que acompañan ás persoas, como se ven facendo dende que existe a humanidade dende o principio dos tempos,

 

Cómpre polo tanto a adaptación á realidade, pois facer impracticable á caza para poder xestionar a fauna salvaxe, ou a defensa de rabaños do lobo mediante o emprego de cans, en nada axuda á protección dos animais nin ao futuro do rural. O Parlamento de Galicia debe de estar para desenvolver normas equilibradas que faciliten o desenvolvemento das actividades dos cidadáns, tamén no rural, sobrando normas disparatadas, lonxe da realidade que parece que buscan acosar aínda máis á xente do rural para que se aburra e tire a toalla. Estas iniciativas sobran na “lexislatura do rural”.

Voceiro para este asunto:

Xacobo Feijoo, responsable de área  de Desenvolvemento Rural de UUAA

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web