Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- Boicot a Lactalis nos centros comerciais



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


31/05/2017

UUAA LEVA AO PARLAMENTO A FALTA DE APOIO AOS VITICULTORES
O goberno da Rioxa (PP) vén de librar axudas directas para os produtores

Santiago de Compostela, 31 de Maio de 2017.- O sindicato Unións Agrarias inicia esta semana unha rolda de contactos co distintos grupos políticos no Parlamento de Galicia para presentar un informe sobre a grave situación económica na que se atopan miles de colleiteiros nas catro denominacións de orixe do viño afectadas polas xeadas.

Desde a organización agraria vaise a tratar de recoller apoios entre as forzas parlamentarias para impulsar axudas directas aos damnificados como as que ven de aprobar onte o goberno de A Rioxa para os produtores afectados pola seca nas súas explotacións.

Unións  Agrarias non entende cómo é posible que a Xunta de Galicia se peche a librar fondos de apoio aos afectados, establecendo todos os mecanismos de control necesarios para garantir que as axudas cheguen so a quen as precisa, cando sabe que é a única vía para poder rescatar de xeito efectivo aos viticultores que perderon todo en Ribeira Sacra, Monterrei, Ribeiro e Valdeorras.

O sindicato non considera xusto nin sensato entregar as entidades bancarias a potestade de decidir que explotacións sobreviven e cales se quedan no camiño ao non poder acceder a un crédito por ser insolventes xa que non ten colleita na que ampararase. Resulta un contrasentido que tendo a maior parte dos produtores perdas do 100% se habiliten so solucións ás que non van a poder acceder.

Non bastan mesas técnicas para debater o modelo de seguro agrario, porque sendo un tema importante, en nada vai avanzar o sector vitivinícola se non quedan produtores que subscriban as pólizas. Neste sentido, UUAA, pídeselle novamente sensibilidade ao presidente da Xunta para que non lle vire as costas aos produtores e traballadores das catro DO afectadas nun momento no que está en grave risco o seu modo de vida.

Sería unha ironía triste que na lexislatura definida desde o Goberno galego como a do rural na que se ían investir 230 millóns de euros e poñer en marcha 5.000 emprego, ao final se converta na etapa na que botaron o peche centos de explotacións e adegas.

As axudas son o instrumento legal mais efectivo do que se dispón para superar unha crise que ven a rematar unhas economías de por si moi condicionadas polos baixos prezos da uva. Son ademais un mecanismo habitual posto en marcha noutros sectores e mesmo para a viticultura no 2016 na Ribeira Sacra.

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web