Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- Boicot a Lactalis nos centros comerciais



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


01/06/2017

UUAA ALERTA DA CAÍDA NO CONSUMO DE LEITE DE MAIS DUN 2%
No Día mundial do leite di non ó fraude informativo nas bebidas de solla

Santiago, 1 de xuño de 2017.- O sindicato Unións Agrarias alerta da caída dun 2.2% no consumo de leite (3.198.551 l) respecto de 2016 o supón tamén unha diminución na facturación no sector lácteo do 2,6% e unha caída no prezo medio do 0,4%, o consumo per cápita está en 72 litros.

Para a organización agraria cabe destacar cómo campan nos lineais dos supermercados, con total indiferenza por parte das administracións, os bebibles elaborados con solla ou améndoa baixo a presentación de “leite”. No día mundial do leite UUAA quere facer un chamamento a sociedade para que non permita o mantemento da fraude informativa  que supón asociar elaborados de graxa vexetal cun produtos vivo e natural como é o leite.

A caída na cesta da compra no so se está dando no leite líquido senón tamén no derivados como iogures ou queixos con perdas de volume dun 1% (643.435 Kg) e de facturación dun 2%.

O sindicato non entende que o Ministerio teña que agardar para poñer en marcha o decreto de identificación de orixe do leite cando noutros países como Francia, Portugal, Italia ou o Reino Unido xa está vixente sendo países excedentarios. Neste contexto agardase  que esta norma recolla nos so o leite en brick e inclúa os derivados lácteos porque os consumos destes produtos son moi destacados na cesta da compra dos consumidores.

Desde a organización agraria vese con moita preocupación como a recuperación de prezos no sector lácteo da que se fala desde a Consellería de Medio Rural non só non chega a Galicia senón que a brecha de prezos segue agrandándose. Para UUAA basta unha ollada as series acumuladas de todo o ano para ver como a recuperación si é unha realidade en países como Irlanda, Francia, Dinamarca ou Alemaña, con subas de dous díxitos sendo todos eles netamente exportadores. As explotacións lácteas de Galicia seguen presas das prácticas inmorais dos primeiros compradores de tirar os prezos a pesar das promesas da conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez no sentido de sacar un decreto en Galicia de regulación e control para estes “tratantes de leite” se o Ministerio non daba o paso.

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web