Inicio Que é UUAA Afiliate Sedes Servizos Suxerencias Acceso usuarios


- Boicot a Lactalis nos centros comerciais



Meteogalicia
Ligal
Control leiteiro
Oficina agraria virtual
fogga
sixpac
UPA
DOGA
Séguenos en Facebook UUAA Twitter UUAA flickr UUAA YouTube UUAA


05/06/2017

UUAA ADVIRTEU XA NO 2015 DAS CARENCIAS DAS PÓLIZAS AGRARIAS
Nun escrito de achegas presentado no Ministerio ao Plan de Seguros 2016

Santiago de Compostela, 5 de xuño 2017.- O sindicato UUAA non comparte as declaracións da conselleira do Medio Rural desta fin de semana nas que viña a dicir que desde as organizacións agrarias non se tiñan preocupado polos seguros agrarios ata que se produciu a crise derivada dos danos da xeada no viñedo. Así, afirma Ánxeles Vázquez que non se fixo chegar ningunha proposta de modificación das pólizas de produtores nin ao Ministerio nin a Xunta de Galicia.

O sindicato Unións Agrarias a través da súa organización federal UPA entregou o 29 de setembro de 2015 achegas ao Plan de Seguros 2016 nas que xa avanzaba que o nivel de cobertura tan baixo que as pólizas estaban tendo no campo producirían, efectos devastadores no caso dunha inclemencia climatolóxica adversa.

En concreto no punto primeiro da solicitude de revisión do modelo afirmábase textualmente: “Propoñemos incluír unha modificación na lei do seguro agrario no sentido de que a máxima de que o asegurable no é indemnizable se cumpra sempre e cando a liña que cubra o cultivo ou o gando obxecto do sinistro teña un nivel de implantación mínimo”.

Con este parágrafo desde o sindicato advertíase que as producións cun nivel de aseguramento tan baixo pola falta dun deseño adecuado das pólizas trae consigo que ao final os bens asegurados sexan mínimos e a efectividade nula. Desde UUAA, e para o caso concreto do viñedo, insistese en que hai que liquidar o sistema de bonificacións e recargos nos sinistros por adversidades climáticas, dado que o asegurado no é responsable das mesmas. Tamén que mellorar o custe do  aseguramento por quilo de uva e por parcela, pois en Galicia debido ao minifundio e a dispersión, as parcelas poden presentar características moi diferentes non sendo adecuado o seguro por explotación.

Resulta fundamental aumentar ata o máximo legal permitido as subvencións, tanto por parte de ENESA como pola Comunidade Autónoma. Ofrecendo rendementos asegurables más altos desde o primeiro ano, acordes cos datos que poidan ofrecer os Consellos Reguladores ou o Fogga, axustando os Rendementos Máximos Asegurados ás producións reais. Reducir a barreira do sinistro mínimo indemnizable en algúns riscos como el vento, situado en el 30 %.

Estes son algúns dos argumentos que desde UUAA se teñen trasladado as administracións porque valoraba como grave risco o un nivel tan baixo de asegurados no campo. Agora non é o urxente senón o librar as axudas directas para superar unha crise que ven a rematar unhas economías de por si moi condicionadas polos baixos prezos da uva. Para informar sobre a situación que están sufrir os viticultores afectados pola xeada de Ourense e Lugo a organización ten previsto unha reunión o vindeiro mércores cos integrantes da Comisión de Agricultura do Partido Popular no Parlamento de Galicia.

































50 años PAC







Comunidad Horta























Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2012 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es
diseño web