29/12/2009
UUAA RECLAMARÁ DO PRESIDENTE DO GOBERNO GARANTÍAS LEGAIS QUE FAGAN CUMPRIR OS CONTRATOS HOMOLOGADOS
O sindicato ve imprescindible ampliar o apoio financeiro ó sector lácteo
O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, trasladaralle hoxe ó presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, a necesidade de modificar, por trámite de urxencia, a normativa actual de Competencia para permitir a negociación agraria dos prezos do leite e regular o funcionamento dos contratos homologados, incluíndo sancións para as industrias que non os cumpran.
Estas modificacións legais deben servir para poñer couto á indefensión dos gandeiros diante da recente publicación dun informe do Tribunal de Defensa da Competencia no que se insinúa a ilicitude do acordo lácteo acadado o pasado mes de xullo, o que supón darlle máis comodíns á industria para seguir coas súas políticas de prezos de usura. Así mesmo, é preciso pór en marcha un sistema español de indexación de prezos e modificar a duración dos contratos homologados lácteos para que teñan vixencia durante toda a campaña con revisións trimestrais. Do mesmo xeito, desde UUAA reclámase do Goberno a posta en marcha dunha lei que regule as marxes comerciais para evitar que os intermediarios paguen unha miseria a agricultores e gandeiros por uns produtos que despois trasladan ós consumidor multiplicando por catro ou cinco o seu prezo.
Nesta xuntanza na que participarán os responsables das organizacións agrarias, Roberto García reclamará do titular do Executivo novas liñas de apoio ás rendas dos gandeiros que se están vendo atrapadas polo diferencial entre prezo do leite e custos de produción e pola negativa das entidades financieiras para liberar créditos ás explotacións, co cal os gandeiros están tendo que recurrer ás contas de aforro familiar para nivelar minimamente a conta de resultados.
|





 |
- Mobilización contra do recorte das axudas da PAC.
- Presentación Proxecto Si Rural.
- Recortes nas axudas a cotitularidade. |










|