Organización Acción Sindical Áreas horizontais Información Comunicación Participación


13/01/2010

UNIÓNS AGRARIAS PROPÓN QUE SE REALICEN CONTROIS NA PROPIA VENDIMA PARA GARANTIR A CALIDADE DO VIÑO DO RIBEIRO
UUAA vén de traballar no último mes xunto cos outros sindicatos, as cooperativas e a Asociación de Colleiteiros nun texto que introduce novas medidas de control O sindicato insta a Fiscalía a que actúe se considera que houbo delito no caso das contraetiquetas falsas

A actualización do rexistro vitivinícola do Ribeiro xunto coa adopción de medidas de control na propia vendima ao 5% dos viticultores de xeito que se verifiquen os datos de produción son as principais achegas que o sindicato Unións Agrarias propón no marco das novas medidas de control que pretende aprobar o Consello Regulador do Ribeiro.


 


Ademais, e ante o último caso de presunta fraude de contraetiquetas, Unións Agrarias insta a Fiscalía a que actúe se tras realizar a correspondente investigación, se confirma que existiu delito. Nesta mesma orde de cousas, o sindicato dirixirase á Xunta de Galicia para solicitar que poña en marcha un plan específico que repare os danos ocasionados no prestixio do viño do Ribeiro derivados da presunta fraude cometida por un produtor, pero que poden ter repercusións no conxunto de viticultores do Ribeiro.


 


Unións Agrarias estivo a traballar no último mes na elaboración dun documento que recolle distintas accións de control de calidade co fin de garantir a calidade do viño do Ribeiro. Na elaboración deste documento tamén participaron cooperativas, a Asociación de Colleiteiros do Ribeiro e os outros dous sindicatos agrarios.


 


O grupo de traballo coincidiu na necesidade de realizar unha dobre proba dos caldos, consistente nunha exhaustiva análise físico-química e organoléptica ao tempo que estableceu que os parámetros detectados nesta análise se confirmen tanto en orixe, como no embotellado e nos puntos de comercialización.


 


Ademais, o novo sistema de cualificación inclúe tamén a creación dun comité de cata constituído por expertos dos sectores viticultor, elaborador, consumidor, cooperativo e da Administración.


 





« Voltar


Acceso usuarios
 
Lembrar Contrasinal       






- Mobilización contra do recorte das axudas da PAC.

- Presentación Proxecto Si Rural.

- Recortes nas axudas a cotitularidade.















Campaña de Recollida de Sinaturas Danos do Xabarín

FADEMUR - Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales


Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es