Organización Acción Sindical Áreas horizontais Información Comunicación Participación


15/01/2010

UNIÓNS AGRARIAS ABRE EN LALÍN O BEBATE SOBRE AS REPERCUSIÓNS DO CAMBIO CLIMÁTICO NO SECTOR GANDEIRO GALEGO
A xornada O gandeiro galego fronte ao Cambio Climático forma parte do proxecto Cambiar o Cambio da Campaña LIFE+

A aula de formación de UGT en Lalín acolle este venres unha charla para desvelar as evidencias e as incertezas que o cambio climático está a provocar no subsector gandeiro galego e difundir sistemas de xestión, así como o manexo dunha serie de estratexias de mitigación e adaptación do subsector gandeiro ante o cambio climático.


A xornada desenvolveuse esta mañá coa sucesión dunha serie de relatorios, nos que se puxeron sobre a mesa diversas consideracións sobre as repercusións do cambio climático no subsector gandeiro, ademais de propor unha serie de estratexias de mitigación e adaptación deste sector ao cambio climático.


Así mesmo, abordouse o aproveitamento da enerxía solar a través de instalacións de paneis fotovoltaicos ou placas solares nos tellados de explotacións gandeiras e agrícolas.


Finalmente, abriuse unha mesa redonda, na que os participantes achegaron os seus puntos de vista sobre as melloras de xestión e manexo no subsector fronte ao cambio climático.


O programa comprende tamén unha exposición itinerante informativa, para dar a coñecer a incidencia do cambio climático nos hábitats ligados ao sector agroforestal galego e cultivos máis sensibles, ademais do buzón de suxestións Ecobuzón, onde se poden realizar consultas, suxestións e propostas.





« Voltar


Acceso usuarios
 
Lembrar Contrasinal       






- Mobilización contra do recorte das axudas da PAC.

- Presentación Proxecto Si Rural.

- Recortes nas axudas a cotitularidade.















Campaña de Recollida de Sinaturas Danos do Xabarín

FADEMUR - Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales


Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es