Organización Acción Sindical Áreas horizontais Información Comunicación Participación


15/01/2010

UUAA DEMANDA QUE SE ENVÍEN A HAITÍ OS ALIMENTOS ALMACENADOS
Pide ao Goberno que impulse a mobilización das existencias de intervención a nivel europeo para poder garantir as necesidades inmediatas da poboación afectada polo terremoto En España existen máis de 1,3 millóns de toneladas de leite en po almacenadas e máis de 9.000 de manteiga

Ante a dramática situación que vive a poboación de Haití tras o terrible terremoto sufrido o pasado 12 de xaneiro, o sindicato Unións Agrarias acaba de dirixirse ao presidente do Fondo Español de Garantía Agraria para solicitar que se envíen ao país caribeño as existencias habidas na intervención.



Aínda que por mor das últimas reformas da Política Agraria Común (PAC) a aplicación da intervención se reduciu moito e só afecta a sete produtos (cereais, arroz, azucre, carne de vacún, manteiga, leite desnatado en po e alcol vínico), a crise sufrida polo sector lácteo o pasado ano obrigou a almacenar grandes cantidades de manteiga e leite desnatado en po.

Actualmente, o FEGA dispón de 1.382.000 toneladas de leite desnatado en po e de 9.335 toneladas de manteiga, coas que se podería facer fronte ás necesidades básicas inmediatas da poboación haitiana.



Pero ademais, aproveitando o semestre da presidencia española na UE, Unións Agrarias considera que España podería impulsar a mobilización das existencias de intervención europeas para poder garantir as necesidades básicas da poboación en tanto se logra a recuperación do país.





« Voltar


Acceso usuarios
 
Lembrar Contrasinal       






- Mobilización contra do recorte das axudas da PAC.

- Presentación Proxecto Si Rural.

- Recortes nas axudas a cotitularidade.















Campaña de Recollida de Sinaturas Danos do Xabarín

FADEMUR - Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales


Páxina Web de Prevención de Riscos Laborais no Sector Agrogandeiro e Forestal

©Copyright 2005 Unións Agrarias - UPA
Doutor Maceira, 13 - Baixo - 15706 Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 530 500 Fax: +34 981 531 724 unionsagrarias_upagalicia@upa.es