20/01/2010
UNIÓNS AGRARIAS CELEBRA A XORNADA “O GANDEIRO GALEGO FRONTE AO CAMBIO CLIMÁTICO”
O foro forma parte do proxecto Cambiar o Cambio da Campaña LIFE+ que Unións Agrarias está a executar.
A Casa da Cultura de Arzúa acolleu hoxe unha charla para desvelar as evidencias e as incertezas que o cambio climático está a provocar no subsector gandeiro galego e difundir sistemas de xestión, así coma o manexo dunha serie de estratexias de mitigación e adaptación do subsector gandeiro ante o cambio climático.
Na xornada desenvolvéronse os relatorios, nos que se puxeron sobre a mesa diversas consideracións sobre as repercusións do cambio climático no subsector gandeiro, ademais de propor unha serie de estratexias de mitigación e adaptación deste sector ao cambio climático. Así mesmo, falouse do aproveitamento da enerxía solar a través de instalacións de paneis fotovoltaicos ou placas solares nos tellados de explotacións gandeiras e agrícolas.
Para rematar, tivo lugar unha mesa redonda, na que os participantes achegaron os seus puntos de vista sobre as melloras de xestión e manexo no subsector fronte ao cambio climático.
O programa comprende tamén unha exposición itinerante informativa, para dar a coñecer a incidencia do cambio climático nos hábitats ligados ao sector agroforestal galego e cultivos máis sensibles, ademais do buzón de suxestións “Ecobuzón”, onde se poden realizar consultas, suxestións e propostas.
|





 |
- Mobilización contra do recorte das axudas da PAC.
- Presentación Proxecto Si Rural.
- Recortes nas axudas a cotitularidade. |










|